Palabras de Amauta

Thursday, May 29, 2008

ADÉU A SEBASTIÀ SALELLAS



Penso que neste adeus á figura senlleira da avogacía penal catalá todos os que solidariamente asumimos parte do discurso de Tià e do seu gabinete de avogados, debemos relembrar o espírito crítico e a retórica deste xa petrucio dos ventos que repousa no lonxe dos bardos do estrados.
A Tià Salellas coñecéuselle por defender grande parte dos casos máis mediáticos do mundo penal do Estado Español e máis en concreto do Principat. Alén de defender aos acusados polo caso da farmacéutica de Olot, Tià defendera non poucos enxuizamentos políticos a independentistas e revolucionarios de distintos sinos. Desde os encausados pola “Operación Dixan” ás listas municipais de Lluita Internacionalista, pasando polos últimos citados á declarar na Audiencia Nacional (de España) polo caso da queima das fotos de El-Rei.Tià era omnipresente na política cotiá gironina. Alén diso, foi destacado orador da cátedra de Dereito Penal da Universidade de Girona.
O caso, é que Tià deixou este mundo pola mesma porta que o seu admirado Luciano Pavarotti, e pervivirá en cada loita contra a inxustiza en calquera das súas formas. Para tranquilidade de moitos outro bo avogado, seu fillo Benet Salellas continuará a traxectoria familiar defendendo do peso da maquinaria xurídica aos necesitados e aos oprimidos.

Pero a miña análise, despois da pequena nota introdutoria para galegos non versados na actualidade catalá, vai por outro lado. Que sucede no seo do nacionalismo galego? O mundo do xurismo deu as costas ao noso discurso? Por que as nosas loitas non contan con avogados axeitados ao tamaño da nosa empresa?
É dicir, se os bascos teñen a Jone Goirizelaia, e os cataláns á saga dos Salellas...Que demos pasa connosco? É dicir, que está a suceder nas facultades de dereito do país que o noso discurso non prende entre as futuras camadas do xurismo? O aburguesamento é unha resposta sinxela mais non lonxana á realidade. Pero, facendo autocrítica, adoito o noso nacionalismo pervive nun exceso economicista que premia aos sectores laboralistas do dereito e que non poucas veces non está preparado para asumir os embates dos sistema cando se refire a outros tipos de represión.
Queda dito, por unha banda a miña dor pola perda dun baluarte na defensa dos intereses do pobo. Por outra, a incertidume polo futuro dun nacionalismo galego que inda camiña entre a vangarda social e a inocencia preadolescente.
Un saúdo na memoria de Sebastià Salellas.

Amauta Castro
Girona, 29/05/08

amautacastro@hotmail.com

XABIER ARZALLUZ EN CIUTAT



Por sorte, os días foron propicios e puiden (puidemos) asistir á conferencia de Xabier Arzalluz en Ciutat. A realidade é que non comparto en liñas xerais grande parte do discurso pragmático do nacionalismo conservador mais si a parte ou a base sentimental dele propio.
Pois ben, efectivamente a meirande parte da audiencia do acto era militante de ERC nos seus diversos niveis e sectores de participación. De feito, aos meus ouvidos chegaron diferentes valoracións (“ei, escoitaches o último de Joan Carretero?” ou “Eu coñézote, ti non vas na candidatura de Uriel Bertran”), e é que ecoa con forza a vindeira asemblea nacional de ERC para mes de San Xoán.
Entón, eu rodeado desa audiencia da esquerda liberal catalá, disposta coma min a escoitar as palabras do petrucio da política basca, Xabier Arzalluz. Eu, dicía, cheguei á conclusión sinxela de que en certo grao as diferentes formas de nacionalismo trazan liñas que somentes se unen no horizonte de persoeiros que trascenden ás devanditas.
Foi sinxelo, Arzalluz non decepcionou. Moitos poderían agardar unha relaxación froito do abandono da política activa ou da avanzada idade do ponente. Todo bastante alonzado do que alí se viviu. A El-Rei deixouno á altura democrática que lle outorgara o pobo basco (quer dicir, cero). Á Audiencia Nacional (de España) acusouna de ditar sentencia co informe policial na man (non menos certo). Ao nacionalismo basco pediulle a compostura precisa para retomar a política despois dun tal Imaz (quen será. quen será). Á esquerda abertzale, volver ao rego que tantos bos resultados lle deu ao independentismo basco, Lizarra Garasi e Udal Biltza (en palabras textuais “porque daquela combatiamos xuntos ao inimigo”). A Ibarretxe que non dea freo á consulta popualr de Outubro na forma na que se poida levar a cabo (legal ou a-legalmente, que lle imos facer). E ao nacionalismo catalán, estar á altura das circunstancias e reconducirse verdadeiramente cara ao independentismo (sen medos, sen dependencias absurdas).
Dixen que Arzalluz visitou Ciutat. Se cadra, todos dalgunha maneira ou doutra deberiamos aprender do seu discurso. Inda que sexa por maioría de idade.

Amauta Castro
Girona, 26/05/08

amautacastro@hotmail.com

Sunday, May 18, 2008

A MINHA LÍNGUA QUERO NA TUA BOCA (DIA DAS LETRAS GALEGAS I)



A minha língua quero na tua boca
e nos teus lábios nos teus peitos
E no país inteiro do teu sexo
falar com o idioma que nos pertence
Procurar a humidade com a língua que nos une
para dar-lhe nome ao teu corpo
e repetir em cada rio em cada bosque
em cada outeiro da tua geografia
a promessa de quem ama sem palavras
Com o silêncio das estrelas, tam longinquo e singelo

De Igor Lugrís, do cartafol poético “A minha língua quero na tua boca”

Hai pouco días que chegou ao meu enderezo postal un pequeño cartafol poético de Igor Lugrís. “A miha lingua quero na tua boca” é un enxeño pop que ben merece circular polas ondas maxestosas da rede. Como ben di o devandito cartafol-brochura-poética:

Defende a cultura: copia todo o que queiras, todo o que poidas, todo o que saibas. Todo é de todos/as.

Amauta Castro
Girona, 15/05/08

amautacastro@hotmail.com

Wednesday, May 14, 2008

GALIZA KARA KIMASHITA



Galiza kara kimashita (en xaponés, “veño de Galiza”)

Non sei se estiven ao pé dun deus antigo amigo do sol, pero do mesmo xeito no que Avilés de Taramancos me fixera enxergar casas en Chachahuí, un novo irmán de terra allea entrou na miña (nosa vida).
Agora que as flores abrollan polos maios arrecendentes de Ciutat, un cabaleiro samurai visitou esta terra. Recén retirado do seu berce en Kanazawa (norte de Honshu), un meu amigo comezou a intercambiar comigo lingua xaponesa por costumes occidentais. Na Terra do Abrente (Nihon), os cabaleiros samurai trazan con ferro o nobre cómaro combatente do bushido. E dise vento guerreiro ten o meu compañeiro de lingua unha invisíbel inclinación pola vida en continua sentinela. E así é.
Os homes-samurai da actualidade son seres que encarnan un especial respecto polo que lles arrodea. Meu amigo Tomi Chan deu boa mostra diso. Trátase dun rapaz xaponés que aterrou por terras catalás hai ben pouco. Ambolos dous, vítimas dunha forma de globalización plenamente fraternal decidimos intercambiar linguas. E neste último sábado, compartimos tamén Temps de Flors en Ciutat.
Moito se ten falado do carácter dos nippóns. Sobresae o seu sentido da amabilidade, da honestidade e da humildade. Trátase dun concepto antropolóxico anomeado Giri (deber mantido no tempo) e do Ninjo (sentimento humano). Estes dous elementos estarían en conflito (como se falaramos dunha traxedia grega) e froito deles nasce a visión brutal e estrema da vida dos xaponeses. Persoas que sosteñen un equilibrio difícil entre a sensibilidade absoluta e a capacidade de loita sen tregua.
Doutra banda, a expresividade xaponesa contén un 65% do discurso que oferecen oculto entre a súa expresión corporal. Eterno sorriso, diplomacia, complexas normas de educación. E eis outros dous conceptos antropolóxicos. Tatemo e honna. Tatemo é a verdade social e o honna a verdade individual. Feito polo que o idioma xaponés está cheo de dobres xogos, expresión atenuantes, readecuacións do discurso, evasivas...
Pero así son os nosos guerreiros da onda ( ou homes da onda). Samurai que viven nun mundo de forte colectividade e de non menos forte soidade, que os leva do doce son da música á morte pola honra.

Hajime mashite, Tomi Chan, yoroziku onegai shimasu.
Encantado de coñecerte, Tomi Chan, grazas por darme a túa amizade.

Amauta Castro
Girona, 14/05/08

amautacastro@hotmail.com

Tuesday, May 06, 2008

SAVE ACEBES



Porque todos temos un na nosa vida, na nosa oficina, na nosa familia, no noso programa de humor favorito (Polonia)...Etc.

Por iso, por el, save Acebes!




Amauta Castro
Girona, 06/05/08

amautacastro@hotmail.com



Estadisticas y contadores web gratis
Estadisticas Gratis
Estadisticas Gratis