Palabras de Amauta

Thursday, May 29, 2008

XABIER ARZALLUZ EN CIUTAT



Por sorte, os días foron propicios e puiden (puidemos) asistir á conferencia de Xabier Arzalluz en Ciutat. A realidade é que non comparto en liñas xerais grande parte do discurso pragmático do nacionalismo conservador mais si a parte ou a base sentimental dele propio.
Pois ben, efectivamente a meirande parte da audiencia do acto era militante de ERC nos seus diversos niveis e sectores de participación. De feito, aos meus ouvidos chegaron diferentes valoracións (“ei, escoitaches o último de Joan Carretero?” ou “Eu coñézote, ti non vas na candidatura de Uriel Bertran”), e é que ecoa con forza a vindeira asemblea nacional de ERC para mes de San Xoán.
Entón, eu rodeado desa audiencia da esquerda liberal catalá, disposta coma min a escoitar as palabras do petrucio da política basca, Xabier Arzalluz. Eu, dicía, cheguei á conclusión sinxela de que en certo grao as diferentes formas de nacionalismo trazan liñas que somentes se unen no horizonte de persoeiros que trascenden ás devanditas.
Foi sinxelo, Arzalluz non decepcionou. Moitos poderían agardar unha relaxación froito do abandono da política activa ou da avanzada idade do ponente. Todo bastante alonzado do que alí se viviu. A El-Rei deixouno á altura democrática que lle outorgara o pobo basco (quer dicir, cero). Á Audiencia Nacional (de España) acusouna de ditar sentencia co informe policial na man (non menos certo). Ao nacionalismo basco pediulle a compostura precisa para retomar a política despois dun tal Imaz (quen será. quen será). Á esquerda abertzale, volver ao rego que tantos bos resultados lle deu ao independentismo basco, Lizarra Garasi e Udal Biltza (en palabras textuais “porque daquela combatiamos xuntos ao inimigo”). A Ibarretxe que non dea freo á consulta popualr de Outubro na forma na que se poida levar a cabo (legal ou a-legalmente, que lle imos facer). E ao nacionalismo catalán, estar á altura das circunstancias e reconducirse verdadeiramente cara ao independentismo (sen medos, sen dependencias absurdas).
Dixen que Arzalluz visitou Ciutat. Se cadra, todos dalgunha maneira ou doutra deberiamos aprender do seu discurso. Inda que sexa por maioría de idade.

Amauta Castro
Girona, 26/05/08

amautacastro@hotmail.com

0 Comments:

Post a Comment

<< Home

Estadisticas y contadores web gratis
Estadisticas Gratis
Estadisticas Gratis