Palabras de Amauta

Tuesday, March 18, 2008

O CAMIÑO DE CAMILO TORRES RESTREPO, SACERDOTE GUERRILLEIRO



No corazón aterecido de Auverña
ía xerminando a confusión cordial
de Camiliño Torres

de Sirventés pola destrucción de Occitania, Heriberto Bens (poeta e patriota galego)

Ás veces penso nas xentes que pasearon canda min polos pequenos confíns do planeta e do tempo. Enxergo a faciana poderosa e rompente do seminarista, guerrilleiro e prócer, Camilo Torres Restrepo ser tamén consumíbel coma o tempo. Enxergo dicía e recompoño os pasos estudantís do que logo sería mestre fugaz das emboscadas e haxiógrafo dos pobres do mundo irrecoñecido.
Recompoño por caso, os seus escritos sociolóxicos que recibín hai non pouco tempo de mans da historia, e digo que non fun eu quen decidiu seguirlle os pasos. Leuven, Lovaina en lingua románica que para nós é de igual entender. Leuven, corazón cristián do Brabante Flamengo, terra planificadora de Utopía (De optimo reipublicae statu de que nova insula Utopia) pois nela tivo imprenta a Obra de Tomás Moro e mesmo o birrete teolóxico do doutor Oscar Romero, tamén Monseñor dos Pobres.
Pois ben, digo que no reconforto de poder trepitjar o sendeiro filosofal de Camiliño Torres (permitídeme o agarimo) que morrería en acción de guerra chamado posibelmente polo ceo. Lugar penso eu que alberga non poucos homes de milicias libertarias e pluma esgrevia.
Leuven foi recanto primordial da Europa que me precede e que tamén me desexa marxiano e marxista. Desexo que na frol portentosa do camiño dos desentrañados exista tamén refuxio para o reflexo humanista e cotiá dos náufragos armados que pouco a pouco sementaron acedas eiras con homilías de intensa pedra.
Sendeiro de Camilo Torres, sendeiro de San Vicente de Chucurí, estación de orixe Leuven. Colexio de cristiáns e nobres, vila de coñecemento e amizade que relembro pouco antes de Basilea.

Por Amauta Castro
Girona, 18/03/08

amautacastro@hotmail.com

2 Comments:

At 4:25 PM, Blogger Patricia Gordillo Serrano said...

Stimati amauta:

Vi invito affettuosamente a visitare il mio foglio o pagina in Internet dove troveranno i miei romanza e le mie poesie

Penso che per me possa essere molto importante leggere e lasciare il loro pensiero o interpretazioni sulle stessi poesie.

Volentieri


Patricia Gordillo

Córdoba - Argentina

www.patriciagordillo.com.ar


elsubeybajadelamarea.blogspot.com



Mie poesie all' Italiano

 
At 9:12 AM, Anonymous Anonymous said...

Ok...vaia!?

 

Post a Comment

<< Home

Estadisticas y contadores web gratis
Estadisticas Gratis
Estadisticas Gratis