Palabras de Amauta

Sunday, February 03, 2008

PUNTO DE FUGA, UNHA BITÁCORA ESPECIAL



Unha das funcións que pode cumplir unha bitácora persoal é a da autopublicación. Non sería novo ver pequenas narracións, traduccións, ou fragmentos poéticos pendurados nesta rede de redes que tan boa xente nos destapa cada día.
Pois ben, eu teño noticia poética de Raida Rodríguez desde finais de 2005, cando gañou o Premio Rosalía de Castro de Poesía. Precedéronlle nese premio, entre outros ilustres, Darío Xohán Cabana e Marta Dacosta (perdoade que fale de memoria). E non dei creto ao que daquela viron nese primeiro encontro, os meus sentidos poéticos agudizados para o caso. Unha poesía que podería situarse na millor das vangardas poéticas do mundo (e non é que os galegos andemos xustos de bos creadores) e que permanece case sen sair do cubil do descoñecemento, do meramente íntimo ou privado. Pero os seus versos aspiran a moito máis. Lonxe da súa poderosa metalinguaxe e un verso moderno que transita entre o silenzo e o berro abrupto dos pobos en loita, Raida Rodríguez asoma o seu ollar pola fiestra dos Països Catalans cun aceno analítico e poderoso.
Desde este humilde blogue quero recomendar a poética rompente e discontinua de Raida Rodríguez. Desde estas liñas, azos para continuar tecendo versos desde ese espazo de tránsito que pretende que as liñas do horizonte se poñan a altura da utopía.

Ligádevos a este pequeno recuncho de poesía...

http://puntodefuga.blogaliza.org/

Amauta Castro
Girona, 04/02/08
amautacastro@hotmail.com

1 Comments:

At 2:28 PM, Anonymous Anonymous said...

Coma sempre chego tarde (..)
Obrigada polas túas palabras cheas de forza e agarimo,

saúdos desde barcelona
(e noraboa polo teu nivel C de catalán!)

 

Post a Comment

<< Home

Estadisticas y contadores web gratis
Estadisticas Gratis
Estadisticas Gratis