NATUREZA MANIFESTA: SOIDADE E SEPARACIÓN
Cada ser é único
e busca a súa palabra épica
Abdourahman Waberi, poeta de Xibuti
É probábel que a poesía conteña a esencia propia da literatura en si mesma. Pobos e máis pobos deste mundo cativo, xentes de perto e lonxe, teiman coas súas diferentes palabras, cos seus diferentes alfabetos e singularidades, en descifrar a estrutura dos soños e das realidades de cadansúa cultura. E iso mesmo, esa paixón polo autocoñecemento é a que me leva a percurar entre os individuos da miña especie o porqué da xénese dunha embondeira ou dun tótem inuit, o sagrado da Qaaba e a pulcritude do laicismo afrancesado.
Supoño que amo o bater das ondas do mesmo modo que Odiseo a viaxe. Pero xusto foi en Tagen Ata cando no paradiso dos cantís e no poderoso arume da Grande Fraga comprobei o valor das illas que malia non ser montes aconteceron nun óleo de Caspar David Friedrich do mesmo modo que eu puiden fotografar Ada fronte aos elementos do mar e a tarde.
Desde o romantismo alegórico dun fotograma,
Amauta Castro
amautacastro@hotmail.com
Girona, 10/01/08
5 Comments:
Sempre gostei dos viaxeiros de Friedrich, descubríronmos a tempo para querer aprender a viaxar e asomarme aos cantís. Sempre con precaución pero sen dúbida aí está a imaxe máis fermosa,polo de agora só puiden comprobalo en Ortegal e tamén na verde Eire.
sempre tes que sacar o da verde Eire. Manda carallo!
Grazas por botarlle un ollo ao blog e polas fotos que me enviaches.
Hoxe é un bo día...Xa terás novas miñas!
Boh!creme que non era con mala intención...haha, agora que o penso si que semella que ando a fachendear, desculpas!
Vaia... de onde sacas a estes poetas? Mira que estou eu a buscar desesperadamente (non debería ser difícil) algunha boa antoloxía de Mahmud Darwish, que é coñecidísimo, ao inglés ou a algunha língua romance e cres que non dou topado nada decente?
tsk, tsk...
Este tireino dunha escolma de poetas africanos en lingua francesa...De Mahmud Darwish tes algunha obra publicada en HIperion que eu lembre. Pero creo que antoloxías non che hai publicadas, alomenos no Estado Español. De todos modos, proeme a curiosidade e se atopo algo conta con que cho envie (se atopo algo, claro)
Post a Comment
<< Home