GRAZAS Á REVISTA ALBORADA
Agradezo á revista Alborada do Centro Galego de Barcelona e ao seu anterior responsábel Manoel Carrete, a inclusión dun pequeno poemario meu. Tal poemario fora premiado no Certame San Xurxo de 2006 polo propio Centro Galego de Barcelona.
Alén do agradecemento quero destacar a importancia das sinaturas que con voz propia falan desde esta tribuna galega do exterior (entre eles X.L. Axeitos, Neira Vilas, Pura Salceda, Isaac Días Pardo, etc) e o arduo traballo de preparación de cada un dos voceiros que foi tirando o Centro Galego de Barcelona.
Por outra banda, agradezo tamén ao xurado do premio: Kristal Veiga, Pura Salceda, Xosé Carlos García González e Manoel Carrete, a selección do meu poemario. Pois sen a súa tarefa eu non estaría no Alborada deste ano.
Así que aí deixo unha ligazón co voceiro...
5 Comments:
Aquí tou tentando naufragar polas verbas de Amauta co Adobe e cun zoom, novos tempos para visitar as palabras alonxadas da tinta.
Ben, parabéns poeta
Grazas pola atención...Non menos opino eu da túa escrita (da que boa proba xa me deixaches algunha vez)....Saudos e espero que deica outra!
Desculpas por sobreocupar este recanto...e que hoxe venres, día de ordenar o cuarto...topei a alborada en papel!colléraa durante as festas da Mercè mais aínda non me achegara eu a Girona(nin a lera vamos,hehe)saúdos!
Antía
Moi interesante a súa poesía. Aquí, na terra, non sabíamos dela. Eu, cando menos. É unha ledicia ler versos tan modernos e tan cheos de cerne. Mañán imprímoos e pásoos a Ferrín, a Vilanova e a algúns máis de por aquí.
Noraboa, poeta.
Xiao Roel
Post a Comment
<< Home