Palabras de Amauta

Sunday, September 23, 2007

PAIXÓN POR LIV ULLMANN




Penso nas moitas veces que desfrutei do celuloide e non acado a albiscar o motivo polo que neste tempo de Palabras de Amauta (bitácora persoal) non houbo post algún sobre unha das miñas paixóns, o cinema. Sinxela coincidencia espero, máis nestas longas tardes que asoman xa para comezos de outono, Ada e mais eu enchemos e corrompemos a nosa vista co imperio da imaxe máis suculenta e atroz (dígase Ingmar Bergman).
Nun primeiro intre aconteceu Persona, tal e como outros filmes que me reconduciron cara ao fascinio polas páxinas impresas sobre fotogramas. Pero da expresión artística talmente dita, da dirección de actores quero eu destacar ao recentemente morto Ingmar Bergman, eremita de Färo e autor teatral do cenario cinematográfico, e outro non menos grande R.W. Fassbinder xenial no goberno maxistral dos sentimentos.
Mais polo que se refire á muller á quen se dirixe este post, Liv Ullmann (actriz e directora) póñoa eu no parnaso das sensibilidades un pedestal outo e neboento no que axitar as interpretacións co selo das angueiras e as destruccións.
Pois ben, hogano o Festival de San Sebastián dá o premio Donosti (premio á carreira cinematográfica) a dúas persoas: Liv Ullmann e Richard Gere. Non creo que sexa difícil sorprenderse polo “fallo” do premio. Igualar artisticamente a Richard Gere con Liv Ullmann é pouco serio. Non fan falla máis explicacións.
Eu seguirei a depositar as miñas tardes con Ada na compaña de Liv Ullmann, muller de leite e férido pulo, de rostro apencado e eterno. Só digo que recomezo o outono coa cámara chea de comezos.

amautacastro@hotmail.com
Girona, 22/09/07

0 Comments:

Post a Comment

<< Home

Estadisticas y contadores web gratis
Estadisticas Gratis
Estadisticas Gratis