Palabras de Amauta

Friday, September 14, 2007

IN THE SPIRIT OF CRAZY HORSE




Adicado a Leonard Peltier, a súa vida é a nosa danza do Sol.

“Las entidades de crédito y demás proveedores de servicios de pago, así como los sistemas de pago y prestadores de servicios tecnológicos realcionados a los que se transmitan los datos para llevar a cabo las transacciones realizadas al amparo del presente contrato pueden estar obligados por la legislación del Estado donde operen, o por Acuerdos concluidos por éste, a facilitar información sobre estas transacciones a las autoridades u organismos oficiales de otros países, situados tanto dentro como fuera de la Unión Europea, en el marco de la lucha contra la financiación del terrorismo y formas graves de delincuencia organizada y la prevención del blanqueo de capitales”

Hai ben pouco que veño de recibir a misiva que podedes ler nas liñas superiores. Vese que o meu banco, o banco onde teño os aforros necesarios para a supervivencia, me informa sobre a posibilidade de que os movimentos da miña conta sexan controlados “no marco da loita contra o terrorismo”. A miña primeira pregunta é se alguén máis recibiu algo así ultimamente. De non terdes recibido nada dou por entendido que debo ser eu o suxeito perigoso. De terdes recibido algo podería pensar dúas cousas: que llo mandan a todo o mundo ou que os meus amigos tamén son susceptíbeis de seren investigados (cousa non de estrañar).
Todo isto, ademais de ser máis que presumíbel para alguén que teña algo de masa cerebral no cranio, non deixa de ser unha grande miseria. Si, sinxelamente unha miseria, porque non me vexo en condicións persoais como para entrar nalgún dos dous últimos epígrafes “delincuencia organizada e branqueo de capitais”. Así que teremos que contentarnos con sermos perseguidos por financiación do terrorismo.
Pois ben, volvendo ao rego e entroncando coa adicatoria deste artigo e co título do mesmo, nesta útlima semana pensara en enviar algúns cartiños (poucos e ben míseros, repito) á causa de Leonard Peltier, preso político amerindio que leva máis de trinta anos recluido polo sistema ianqui. Cousa que semella sinxelamente pouco recomendábel tras ler a carta do meu banco.
Leonard Peltier, un sinxelo indio Lakota que acusado polo FBI dun crime que luces non cometera (o asasinato de dous axentes do FBI en 1975). Fuxido nun primeiro intre a Canadá, Peltier activista recoñecido do AIM (Movimento Indíxena Americano) foi acusado baixo torturas por dous adolescentes de se run dous autores do doble asasinato. Peltier foi extraditado por Canadá, el e outros tres indios Lakota foran detidos pola morte dos axentes do FBI. Mentras, o asasinato dun indio lakota nese mesmo tiroteo quedou sen resolución algunha.
Dos detidos, un primeiro foi absolto por non estares ese día na reserva e os outros dous foron exculpados por actuaren en defensa propia. A pesares de terse atopado evidencias da coacción de testemuñas o xuíz dictou sentencia contra Peltier, sendo esta ratificada dous anos despois malia dispoñer de probas de balística claramente favorábeis a Peltier. Resultado: cadea perpetua.
Posteriormente, o caso é reaberto en 1984. O FBI inda mantén en segredo máis do 50% dos folios da investigación contra Peltier. As probas de balística son neste caso máis concluintes, certificando que do fusil de Peltier nunca podería ter saído unha bala do calibre da atopada nos cadáveres dos federais. As testemuñas do FBI cambian a súa anterior declaración inculpatoria, cara unha completamente diferente. O tribunal de apelacións, resolveu que malia o cambio na declaración dos axentes Peltier debía seguir en prisión para “evitar posíbeis incorreccións” (sic!).
En 1993 reábrese o caso por posíbel “extradición ilegal, tortura mental, coacción de testemuñas, perxurio do FBI, retención de probas, falta de publicidade nos cargos imputados a Peltier, e a posíbel fabricación da arma do crime”. Neste caso a propia fiscalía apoiou a Peltier pero a corte se negou a cambiar a condea.
Actualmente, Leonard Peltier inda segue en prisión desde onde ten escrito diferentes libros sobre a súa experiencia. Segue advogando incansábel por unha solución pacífica aos problemas da súa comunidade. Foi recoñecido como preso político por Amnistía Internacional, o Congreso Nacional de Indios Americanos, o Robert F. Kennedy Memorial de Dereitos Humanos, o Parlamento Europeo e por persoeiros como Desmond Tutu, Oliver Stone, Danielle Mitterand ou o reverendo Jesse Jackson.
Hogano, Leonard Peltier foi nomeado entre outros 200 candidatos ao Premio Nobel da Paz, veredicto que se coñecerá neste vindeiro mes de outubro.

Silence, they say, is the voice of complicity.
But silence is impossible.
Silence screams.
Silence is a message,
just as doing nothing is an act.
Let who you are ring out & resonate
in every word & every deed.
Yes, become who you are.
There's no sidestepping your own being
or your own responsibility.
What you do is who you are.
You are your own comeuppance.
You become your own message.
You are the message.

In the Spirit of Crazy Horse

Recompoñendo o crebacabezas do espanto, danzando coas aguias percebedoras do silenzo e da infamia, ouveando co lobo, dicídeme se non fica a sombra das grandes aldeas presta para o seu retorno. Polos pais da dignidade talmente dita ou Wounded Knee solemne e fumeante a recollerse furtivo entre as praderías inertes do asoballamento, sorte e xustiza para Leonard Peltier,
… in the spirit of Crazy Horse.

Girona, 14/09/07
amautacastro@hotmail.com

3 Comments:

At 2:21 AM, Anonymous Anonymous said...

"Con la iglesia hemos topado". Hai patróns aos que non se lles pode tusir. Esta chamada de atención do xefe para ver que fai vostede cos seus cartos axudando un coitado indio faime pensar que hai unha serie de automatismos reaccionarios que se activan cando fas según que cousas. Seguramente eles se sentirán máis seguros manténdoos pero a súa existencia evidencia a súa vulnerabilidade.

 
At 3:51 AM, Blogger paideleo said...

Gustoume o artigo sobre os esclavos galegos en Cuba.

 
At 1:26 AM, Anonymous Anonymous said...

Agradecido polos comentarios....O dos galegos en Cuba foi cousa de coincidencia, andaba por unha das paxinas que frecuento e mira...Saudos e benvigo Paideleo

 

Post a Comment

<< Home

Estadisticas y contadores web gratis
Estadisticas Gratis
Estadisticas Gratis