XEOGRAFÍA #2: CIUTAT
Acontece a hora do crepúsculo e a saraiba precipita Ciutat nun anverso agre, tenue. Linguas envolveitas de aves que infestan o ceo coa multitude torrencial das azas usurpadoras de nubes. Moreas de cristais cerámicos sementan a praza cun silenzo de estoupidos que se reflicte nun chan de xeo. O río é un espello firme, inquebrantábel. Só as oucas ceden partidas polo peso dos flocos boreais que coroan Ciutat e o bairro antigo. As laxes resisten.
…………………………………….
É noite xa. Escoito as doce de pedra cando xa ergue a estrelecida. Uns berros no xardín que circundan as edras. A vista que non chega albiscar o quen dos berros e o espello que se gorece na noite coas pasaxes dun libro. Lamentos tan brancos como a crueldade, cóengos da noite que revoan cando se desexa o pranto.
amautacastro@hotmail.com
Girona, 25/10/07
1 Comments:
As laxes resisten e soportan os pasos dos viaxeiros que chegan a Ciutat. Aínda hai un río que non ten nin capacidade de reflexar as pólas das árbores que o rodean. Todo ao seu tempo. Chegará a chuvia e borrará a súa eiva.
Traio á cidade do caos as meniñas inzadas de paseo e río.Doses necesarias de pasaxes e paisaxes para continuar a descuberta.
Post a Comment
<< Home