Palabras de Amauta

Sunday, October 07, 2007

ESCURIDADE NO MEDIODÍA (ALEGATO POR XOSÉ HUMBERTO BAENA)




Moitos e grandes revolucionarios ten o meu país, mortos e vivos como a Quintana. Xusto nesta semana, pasado xa o 27 de setembro un grupo de persoas próximas aos 2 membros de ETA e 3 do FRAP que foran salvaxenmente asasinados na derradeira mostra de pulo do franquismo, fixeron acto de presencia nas proximidades do Collserola monte e cinturón verde que recurta a silueta de Barcelona, para rendiren homenaxe nun dos lugares dos feitos (os outros foran Burgos e Madrid), aos camaradas executados pola ditadura.
Pois ben, meus queridos cataláns, irmáns de loita dos bascos fixeron grande recordo o louvanza de Txiki e Otaegui (miltantes da organización basca). Malia que o comité organizador non quixo esquecer aos outros tres revolucionarios do FRAP, o feito foi que a homenaxe fora nomeadamente (en exlusiva) para os dous etarras.
Máis fonda é a dor, cando un dos que eu teño por petrucios do marxismo do meu país, Xesús Alonso Montero non recoñece en ningunha das pasaxes do seu último libro (Intelectuais marxistas e militantes comunistas en Galicia, 1926-2006) a tarefa clandestina e galega dun mártir do franquismo como Xosé Humberto Baena. Pois si, non todos os comunistas do país son da UPG, nin do PCE. Existen outras realides políticas, doentes ou dignificadoras, póñase o adxectivo que cadquén mire convinte. Pero realidades digo, que inda alonxadas da miña son parte dun pasado demoledor e necesario tamén esborrado da memoria dos anos.
Emporiso que no milladoiro dos labores colectivos, ese no que fomos depositando seixos cada un de nós, Xosé Humberto Baena puxo dun xeito especial descanso na súa andaina e cuberto polas rosas dos que incesantemente pervivimos subsiste quen de percutir coas ideas no futuro do pobo.
Xosé humberto Baena nacera en vigo en 1950. Estudou no Instituto Santa Irene de Vigo onde coincidiu con X.M. Álvarez Cáccamo e co profesor Xosé Luís Méndez Ferrín.. Foi estudante de Filosofía e Letras na Universidade de Santiago de Compostela. Alíñase nas filas do maoísta PCE (m-l). En 1970 foi xulgado polo TOP franquista pola súa participación nunha mobilización estudantil (algunhas fontes sosteñen que pasou por prisión por ese feito mentres que outras sosteñen que foi absolto). O propio Baena no transcurso da folga viguesa de 1972 foi retido pola policía da ditadura militar nun portal da Praza da Princesa de Vigo. Dise tamén que o policía que retén a Baena naquel episodio disparara varias veces sobre a multitude de manifestantes. Baena ofereceu todo tipo de resistencias malia ver cos seus ollos a actitude asasina daquel membro do aparello da ditadura. En 1974 organizou o lanzamento de cócteis moltov contra a sucursal do Banco de Bilbao de Vigo en protesta pola execución de Salvador Puig Antich. O 1º de maio de 1975 no transcurso da manifestación polo bairro de Teis, Xosé Humberto Baena veuse envolto nun feito certamente estraño. Un Garda Civil dispara ao ar matando ao vixiante da subestación eléctrica de FENOSA. Baena e trece persoas máis implícanse na publicación dunha esquela polo asasinato do vixiante e unha coroa de flores. Todos os asinantes son arrestados agás Baena que logra escapar de Portugal até Madrid no carro do cantautor Suso Vaamonde. Á súa chegada a Madrid, Baena, probabelmente seguido pola policía española, é detido e encausado polo asasinato dun policía por membros do FRAP (organización na que el propio militaba) que sucedera un día antes da súa chegada. Baena nin sequer estaba en Madrid cando se produz o asasinato, tal e como proba o seu pasaporte con selo de entrada en Portugal naquelas datas. Non se fixo tampouco proba algunha de balística.
Baena e o resto de procesados foron brutalmente torturados durante todo o seu proceso. Proceso que non cumpliu nin os “garantes” propios do rexime franquista e que rematou no xa coñecido Consello de Guerra a Juan Paredes Manot “Txiki”, Antonio Otaegui Etxevarría, Xosé Luís Sánchez-Bravo Solla (tamén de Vigo), Ramón García Sanz e Xosé Humberto Baena Alonso, executados no 27 de setembro de 1975.
Os responsábeis policiais da operación foron o comisario Roberto Conesa e o policía Antonio González Pacheco. Os seus verdugos foron gardas civís e policías voluntarios así como un amplo grupo de membros do aparello franquista que acudiron aos puntos de fusilamento para presenciar a execución.
O pai de Xosé Humberto Baena solicitou a Juan Carlos I de Borbón, que días antes da execución ocupou temporalemnte a Xefatura do Estado, por enfermidade do ditador; solicitou repito clemencia para seu fillo. A resposta de Casa Real foi que nada se podía facer. Trala execución un dos membros da policía aperta ao pai de Baena e dille textualmente ”...si hubiera sido mi hijo yo mismo pediría que lo fusilasen”, dato que aponta o grao de represión no que se vivía naquel intre histórico.
Para mostra e como remate quero deixar que falen as palabras do propio Xosé Humberto Baena escritas antes de pasar ao patíbulo:
“Pai, nai...Executaránme mañá, quero darvos ánimos.
Pensade que eu morro pero que a vida segue. Cando me fusilen mañá pedirei que non me tapen os ollos para ver a morte de fronte. Que a miña morte sexa a última que dicte un tribunal militar. Ese era o meu desexo. Pero teño a seguridade que haberá moitos máis. Mala sorte, unha semana máis e cumpliría 25 anos. Morro xoven pero estou contento e convencido.”

O lume metalúrxico e vigués incendiara a mirada daquel mozo que en 1975 viviu a rotunda contundecia o inimigo. Xosé Humberto Baena, unha desas lendas que che contan cando novo e inda non alcanzas a esquecer por orgullo e reivindicación. Cousas da vida, naquel episodio compróbase o peso do chumbo e da represión naquel corpiño enxoito dun Xosé Humberto Baena, último na quenda de executados do franquismo.
Queda pois a pedra de recordo posta polo irmán de armas e retén militar da hoste irmandiña que leva aos compañeiros que morren para o ceo dos mártires lonxe ou perto do Mar de Vigo.

Girona, Outubro Vermello de 2007
amautacastro@hotmail.com

4 Comments:

At 3:23 PM, Anonymous Anonymous said...

Moi interesante o artigo. Recentemente saíu a irmá de Baena numha reportaxe da TVG sobre os últimos asasinatos do franquismo. Estaba sentada sobre a herba do parque de castrelos e so reclamaba que se revisase o caso e se lhe respeitase a presunción de inocencia a Baena.
Saudos aos que viven en Vigo e trabalhan 11 meses ao ano en Girona. Brais

 
At 3:00 AM, Blogger Marcial said...

Hola, é un tema que descoñezco, como moitos outros que por desgraza estan soterrados no olvido da indiferencia. Cando descubro estas cousas por unha parte góstame porque coñezo máis da nosa historia, pero por outra entristézcome por non coñecela. Qué pouco se coñece a historia do noso pobo. Un recordo a memoria da queles que loitaron e deron a sua vida por un mundo mellor. Un saudo.

 
At 11:54 PM, Anonymous Anonymous said...

Agradezo a atención. Polo teu nome podería intuir que pertences a iso que se chama diáspora. En calquer caso permanecerei atento tamén á túa bitácora.O meu mail fica aberto para calquer tema...
Repito, grazas!

 
At 4:36 PM, Blogger Unknown said...

Fun amigo persoal de Baena desde mozo. Con trato asiduo.

Non todo o que contas foi así. Pero tanto dá. Baena é, cos demais asasinados , unha espiña cravada na lexitimidade deste réxime democrático.

Aínda estou a velo no Cotorro de Vigo, declamando consignas antifascistas. Tamén o vexo facendo teatro no Instituto coas do Feminino.

Un saúdo:

Xiao Roel

 

Post a Comment

<< Home

Estadisticas y contadores web gratis
Estadisticas Gratis
Estadisticas Gratis