NO COTORRO
Adicado a Alberte Anton por mostrarme o Cotorro por vez primeira e a Xiao Roel por lembrarmo nestes ultimos dias
Velaí estabamos nós, imitando aos ídolos, repetindo as consignas do foro. As parades escunchadas, un Faro deitado na barra, botellas con arañeiras palilladas polo tempo, un comentar baixo de mulleres e un can peleirón que impasíbel conserva a crónica dos anos do Cotorro. Un espazo hierático, unha efixie, entre nosoutros un octaedro feito de palabras e unha brisca ou un tute.
O ambiente desleixado das nosas conversas abrigaba as tardes. Eramos asembleístas da palabra nun café cascarilleiro que se remexía coas acotacións acesas polos licores da casa.
- Caña non che poño que non che me queda barril. Váleche un quinto?
Á saída un mozo en crequenas apura a dose. Vírono os meus ollos, certifico. Ergue a vista, sauda a morte e continua empurrando o émbolo. Nós seguimos rúa arriba, norte e mans nos petos.
Amauta Castro
mailto:castro@hotmail.com
Girona, 17/11/07

0 Comments:
Post a Comment
<< Home