NÂZIM HIKMET, LOITA, PRISIÓN E POESÍA
“O pobo é o grande creador de todo”
Nâzim hikmet
Enfriarase este mundo,
unha estrela entre as estrelas;
nun outro lugar unha das máis pequenas do universo,
é dicir, unha pinga brillante de veludo azul,
é dicir, este inmenso mundo noso.
Enfriarase este mundo un día,
calquera día esvarará
na cega tebra do infindo
-non como unha folerpa,
non como unha nube morta-,
como unha noz baleira.
Desde agora mesmo hai que sufrir por todo isto,
hai que sentir a súa tristura desde agora,
tanto hai que amar o mundo en todo momento,
hai que amalo tan conscientemente
que se poida dicir: Vivín.
Nazim Hikmet, poeta-loitador-prisioneiro
Girona, 13/12/07
amautacastro@hotmail.com
5 Comments:
Grazas por esta pinga que inza de diferente sabor o noso longo mar
Grazas, pola atencion prestada....Seguiremos na liña q temos ate o de agora! Saudos!
Vaia... canto me aleda toparme eiquí cun ronsel de versos do señor Hikmet... Estaba pensando en mercar o libro de visor que teñen sobre este Maiakovsky turco, mais ten moi mala calidade de impresión, polo que o máis seguro é que agarde un chisco e pille unha antoloxía inglesa -que traerá máis materiais e, posíbelmente, unha mellor traducción.
Un saúdo!
Sigo apuntando versos...
Saudos!
Hai poucos libros feitos en castelan ou portugues sobre Hikmet. Algo poderas atopar por Cuba lugar onde recibiu grandes eloxios. Grazas, fravernero!
E para ti, amarantear, billetes de metro e poesia cara a estacion de valldaura.
Adiante
Post a Comment
<< Home