Palabras de Amauta

Sunday, January 27, 2008

ANTOLOXÍA POÉTICA DA DIÁSPORA GALEGA



"Esta escolma non é unha selección de poemas que traten sobre a emigración galega. A nosa intención non foi convertir unha determinada temática no eixo ou criterio selectivo da antoloxía, senón as persoas: os poetas de expresión galega que viven na diáspora, os poetas galegos do mundo. Moitos dos que recollemos neste libro son poetas descoñecidos, tanto dentro como fóra da Galiza territorial. Outros teñen máis ou menos sona no seu país, e os hai tamén que só son atopables na Rede. Disque somos un pobo que leva a lírica nos xenes, que Galiza é un país de poetas: nós queremos amosar que esa lírica non ficou atrás cando parte do país fixo as maletas. Levárona con eles, porque non se pode deixar atrás aquilo que nos fai ser o que somos. E iso hérdase, trasmítese coma a morriña, dun xeito inexplicable, a aqueles que nunca pisaron a Terra Nai."

Pois semella que me incluiron na citada escolma poética da diáspora. Agradecido á persoa que seleccionou os meus textos (á quen inda descoñezo) e agradecido a outros dous galegos que sobreviven coma min neste exilio benévolo que nos dan o Principat de Catalunya e Euskadi Sul. Son Xabier Paradelo (que me pasou o mail deste proxecto poético) e Manuel Casal Lodeiro, “Casdeiro”, que ten unha relación fonda coa marxe esquerda da ría de Bilbo (unidos eu e mais el por Barakaldo, claro está) e que mantén unha das xanelas permanentes da galeguidade do exterior, ou sexa http://www.fillos.org/.
Entre os poetas podemos atopar a Lito Caramés, voz dos camiños de ferro que percorren a península entre a fisterra atlántica e a estrema costeira da mediterrania catalá. Devezo por ver os trazos poéticos do seu ollo crítico, e percorrer neste caso pouco a pouco os seus versos contemporaneos e autentes.

Amauta Castro
amautacastro@hotmail.com

Girona, 28/01/08

2 Comments:

At 11:34 AM, Anonymous Anonymous said...

parabéns pola participación na antoloxía, e máis polo blog!
(eu estes días actualicei o meu, aínda que non sei se poderei darlle continuidade...)

vémonos!

Raida

 
At 11:54 PM, Anonymous Anonymous said...

Grazas, raida! Eu non estou á súa altura poética. De todos modos, ficas convidada a entrar por estes lares cando mais che apeteza...BOtareille un ollo aos seus versos...
Deica!!!

 

Post a Comment

<< Home

Estadisticas y contadores web gratis
Estadisticas Gratis
Estadisticas Gratis