Palabras de Amauta

Tuesday, January 22, 2008

NIEMEYER E MAIS EU



O arquitecto brasileiro, xa centenario foi sempre unha especie de recordo reccorrente na miña historia persoal máis próxima. Lembro como en tempos da mocidade máis temperá un bo amigo visitara a seu tío emigrado en terras brasileiras na cidade de Brasilia. Meu amigo dicía, “meu tío está en Brasilia.... sabes, é a capital do país”. Eu simplemente lembraba Niemeyer, mais el non sabia tal.
Niemeyer, amais de ser unha home da esquerda de sempre. Desa esquerda que se formou nos confíns libertarios da Patagonia rebelde e nos días inolvidábeis da comuna de París. Máis que un home de sincero humanismo foi un marxista convencido (e penso que ámbolos dous termos van unidos) e iso é o que o leva a ser un individuo único (ou non tanto) entre os defensores do pensamento racional neste inicio de século XXI.
Na miña primeira visita a París , no meu aloxamento na zona de Colonel Fabien (lugar de renome revolucionario e tamén resistente), na rue Vicq d’azir, comentei para Ada e mais para min que aquel edificio que mirabamos namais sairmos do metro debía ser obra de Niemeyer. Pois dito e feito, o caso é que o edificio en cuestión era a sede central do PCF (partido máis que cuestionábel para os que entendemos maio do 68 como unha posibilidade revolucionaria, e aceito críticas), cousa que puidemos saber na guía de peto que levebamos connosco. Quede claro, que se levaramos un baedecker de principios de século XX dos que fala e recomenda Wiesenthal afondando no seu decadentismo snob, non teriamos atopado resposta ao noso dilema. Pero tanto ten iso.
E si, quede claro que a obra é gloriosa e que para un aspirante a viaxeiro coma min foi a forma barata de atoparme cunha obra de Niemeyer sen ter que coller un voo a Brasilia. Pola miña banda, saudo con forza os 100 anos do patriota brasileiro e inadaptado comunista Oscar Niemeyer, e tamén o seu nomeamento para o premio das artes do ALBA (Alternativa Bolivariana para as Américas). Fito este último polo que quero facer referencia na miña humilde bitácora.
Queda dito, recordarei os días de Colonel Fabien, e da canle de St. Martin coas súas asulagantes exclusas, co selo impagábel da arquitectura gloriosa dun ídolo para os que amamos a xustiza social e a vida casesque inacabábel.
P.S: Móstrase por vez primeira o autor destes blogue. A posición hierática débese á emoción do momento. Para máis información, o lector debe saber que daquela estabamos en plena campaña contra a Constitución europea.

Amauta Castro
amautacastro@hotmail.com

Girona, 22/01/08

3 Comments:

At 7:53 AM, Anonymous Anonymous said...

boa achega...un saudo

 
At 12:58 PM, Blogger a.ma said...

Outra aspirante a viaxeira lle saúda...

 
At 7:42 AM, Anonymous Anonymous said...

...mentres lle deamos corda á vida...Adiante!

 

Post a Comment

<< Home

Estadisticas y contadores web gratis
Estadisticas Gratis
Estadisticas Gratis