Palabras de Amauta

Tuesday, February 26, 2008

AGRADECIDO POR SEGUNDA VEZ A ALTERMUNDO E GALICIA-HOXE




Grazas a Manoel Santos, director do suplemento horizontal de Galicia-Hoxe, Altermundo. Pola miña banda nada máis que adicar toda esta serie de artigos e referencias Burkina Faso á memoria do Capitán de África, Thomas Sankara e de todos os sankaristas que inda resisten na sabana do Faso.
Especialmente quero facer mención dunha muller burkinabé á que chamaremos R.B., xa que por motivos de seguranza moitos burkinabés que residen no Estado Español rexeitan o uso dos seus nomes para evitar problemas en Burkina ante o seu hipotetico retorno.
Para ela o froito destes pequenos traballos e o meu agradecemento pola achega dalgún que outro texto. Só quero lembrar unha pequena conversa que encende se cadra o meu optimismo cara o futuro dos cambios sociais do planeta nunha vía revolucionaria, socialista e popular. Reflicto a conversa...

Amauta: Como lembras os anos de Thomas Sankara? Ti inda comezabas a universidade, non si?

R.B.: Sabes, as mulleres reuniamonos en asemblea para decidir as nosas problemáticas. Os casamentos forzosos, as mutilacións femininas eran perseguidas. Os xefes tribais xa non decidían o futuro das terras. Moitas estudabamos na universidade, e outras formaban cooperativas de produtos tradicionais. Aquela foi a época máis feliz da miña vida. O profesor xa non era un home todopoderoso, era o teu camarada, o teu compañeiro. Thomas Sankara baixaba en bicicleta até o seu desspacho e falaba coa xente nos mercados. O 8 de marzo as mulleres non traballabamos e estaba prohibida calquer expresión machista. Os nenos ían obrigatoriamente á escola, nun país onde case ninguén sabía o que era a escola. Era tan feliz...

Amauta: Ou sexa que todo era verdade...

R.B.: Moito máis, todo aquelo foi moito máis que verdade. Era a ilusión da xente moza obacionando a Sankara en toda África. Prazas públicas con decenas de miles de persoas berrando o seu nome. Mentras, el vivía en pobreza, somentes preocupado en crear un país íntegro sen diferenzas sociais, nin explotación. Cando volvo a Burkina, os meus amigos e mais eu inda cantamos as cancións de Sankara. Inda conservo o traxe caqui que levaba daquela. La Patrie ou la mort, nous vaincrons...

Nestes días, antes da publicación do artigo que segue, en Bobo-Dioulasso (segunda cidade de Burkina Faso) a policía gubernativa reprimía milleiros de grevistas con gases lacrimóxenos. Todo, agora que a comunidade internacional centra a súa atención en Cuba (sempre soberana e socialista) e aceita 10.000 soldados turcos ocupando o Kurdistán. Onde están os Estados Unidos que tanto velaban polos dereitos civís e nacionais dos kurdos? Se cadra buscando o mesmo petróleo que codician os turcos.
Mentras, Fidel que se reunira con Thomas Sankara en Delhi e Nicaragua segue a comandar a guerra das ideas...Oser inventer l’avenir! Nous vaincrons!

Amauta Castro
Girona, 25/02/08
amautacastro@hotmail.com

ah, e a ligazón!

0 Comments:

Post a Comment

<< Home

Estadisticas y contadores web gratis
Estadisticas Gratis
Estadisticas Gratis