Palabras de Amauta

Wednesday, April 30, 2008

LONDON CALLING




Lo que pudiéramos llamar absurdas sinfonías de la imaginación
de Leopoldo María Panero, en Así se fundó Carnaby Street


Londres funcionaba dun modo frenético. Tren a Edware Road vía Paddington (mind the gap, please), a ficción noctámbula que esperta do inferno-red-sorgo de Chinatown e o bafo aguniante do día que comeza cos retrasos en dirección Barbican. Rostos crebados na incerteza, que se non.
Paddington foi o inicio do espellismo ao acordar saíndo do Tube diante do Hilton para saber que nós pertencemos ao abrente dos pobres que falan un novo modelo de lingua crioula que naz de trasuntos tan antigamente coloniais. Falo dos hindis e dos sikhs, dos bengaleses escuros e dos despaciosos antillanos deambulando no calipso polas rúas de Notting Hill. O tubo remexe o interior da cidade e a miña mente pensa nunha prolongación onírica de Vigo St cara un arrabaldo galego que conectara, alomenos en soños, Poboadores con Camden á altura histórica do cable inglés que antano deixara os impulsos eléctricos do mundo británico.
Pois iso somos, un arrabaldo pigdin que suma palabras saídas do barumbio das tebras do nembargantes pétreo globo terráqueo que en Londres semella máis perto da diversidade. Chove e repunta o día de vagar, e quer e non quer deixarse lonxe de nosoutros. A sombra da tristura imaxinaria de J.M. Barrie acampa entre Kensington e Hyde Park con contos de nenos e silenzos de amor sen fronteiras confundido entre soños maternais e malenconía. Iso mesmo, unha malenconía crónica, gótica, que me poboa tremendamente e que se materializa nos gravados artesanais dun William Blake que varre entre as iluminacións precarias do que comeza. Nel deixei repousar os toqueneos cansados dun pensamento que se me esgota para falar dunha efixie urbana que restitue os principios da verdadeira dialectica dos mundos. Espazos en continuo movemento, terras de serenidade imposíbel que se interconectan cun estoupido masivo que fai xigante a harmonía coa que se compoñen.

Amauta Castro
Girona, 30/04/08
amautacastro@hotmail.com

4 Comments:

At 2:56 PM, Anonymous Anonymous said...

Letra a letra, fotografía feita.
Vinme paseando por Camden.
Descoñecida cidade que percorrerei en soños cun Peter Pan baixo o brazo.

 
At 6:48 AM, Anonymous Anonymous said...

Recomendo de corazon unha volta pola cidade das brumas...Saudos!

 
At 6:00 PM, Blogger Leopold Bloom said...

Texto brillante, parab�ns!

 
At 6:10 AM, Anonymous Anonymous said...

Grazas, é fermoso volvelo mirar por estes lares...Benvido e grazas

 

Post a Comment

<< Home

Estadisticas y contadores web gratis
Estadisticas Gratis
Estadisticas Gratis