ISTO XA O VIVÍN...
Quiero ser como tú, ¡oh rostro de los pobres!,
misterio del dolor y la sonrisa, porque el aire,
el simple aire límpido y vacío,
llenará nuestras voces y esperanzas.
de Cintio Vitier, El Aire
Nestora estremecen os días nos que Abu Jamal pasará á eternidade acubillado na súa vida enteira en prisión. Supoño que o “humanitario” feito polo que se lle conmutou a inxusta pena de morte por cadea perpetua axuda a revivir sentencias dos pasado que se conmemoran hogano.
Fago un pequeno aviso, a min o Tíbet tenme un perfume de Eau de Kosovo ou mesmo de Montenegro nº5. Recendos de xeopolítica da vergoña e da xenreira que se sementa aló onde se pode subvertir a orde internacional (ou nin iso). China deixa moito que desexar en moitos aspectos. Practica a mesma pena de morte que os USA e se adica a soster unha orde interna tremendamente desigual e etnocéntrica que provoca este tipo de desavinzas. Amais, a política chinesa cara o exterior está a manter unha liña economicista na que pouco importan criterios éticos si aplicados por outros polos de rebeldía mundial (dígase a miña benquerida e admirada República de Cuba).
Pois ben, eu penso coma Xulio Ríos que neste espazo polítco hai unha tremenda e recíproca hipocresía. O Tíbet e os seus dirixentes no exilio viven dunha autoimputada bondade que a moitos non nos oculta certos pasados non tan lonxanos onde unha aristocracia teolóxica facía vivir a un 65% da poboación do Tíbet na total dependencia e no total asoballamento social. Os amigos do Tíbet non son máis que voces que moitas veces nin sequer respectan os dereitos humanos máis básicos noutras partes do mundo (Iraq, irmáns Iraq). Pero que noutras ocasións se unen para exercer unha espiritualidade naif e díscola que selecciona un determinado tipo de subversións politicamente correctas.
Persoalmente non desexo independencias determinadas por clérigos e resistencias internacionais sustentadas nos dondos outeiros de Hollywood, máis que nada por unha cuestión de bo gusto e hixiene política. Iso non xustifica nin a substitución poboacional dirixida polo goberno chinés, nin os intentos de estabelecer un silenzo treboento mesturado con prédicas censuradoras.
Queda dito que estou con Abu Jamal e coa xustiza. Coa súa loita. Cunha China verdadeiramente revolucionaria e non burocrática. Cun Tíbet laico e tamén socialista que saiba retecer as súas tradicións co devezo da igualdade. Eis a continua espiral que se desenvolve para mostrarnos o curso desta historia narrada que se podería predicir coa sinxeleza dun guión de teleserie.
Isto xa o vivín...
Amauta Castro
Girona, 08/04/08
amautacastro@hotmail.com
4 Comments:
Acadar a independencia sempre é máis sinxelo se o Brad Pitt fai unha peli...
En fin, vivo nun país que embarga a Cuba e o merca todo na China, que podo dicer?
Gustoume a entrada... e a foto!
:)
Grazas meu! Eu tamen sigo o teu blo!
A foto fixome chiste!!
Saúdos desta volta desde Galiza, tocou unha lectura do post curuñesa!Aí vén o maio,vémonos cando chegue.
Saúdos desta volta desde Galiza, tocou unha lectura do post curuñesa!Aí vén o maio,vémonos cando chegue.
Post a Comment
<< Home