Palabras de Amauta

Sunday, May 24, 2009

O ERMO


Noutrora ar eirexa lizgairo podente Hoxe sinerxias
non frutíferas dificilmente lembrábeis

KKJASDLKJLKAJSDKJLKASJLKD Un neno xoga con estraloques
KKJASDLKJLKAJSDKJLKASJLKD Os seus ollos debuxan formas
KKJASDLKJLKAJSDKJLKASJLKD descoñecidas que carecen de
KKJASDLKJLKAJSDKJLKASJLKD nome dentro do léxico diglósico
KKJASDLKJLKAJSDKJLKASJLKD que aprendeu en harmonía bipolar

Língua sen forma de producción trebello morto patrón inservíbel obxecto pasivo carriza ou fento esmagado polo paso dun excursionista que monologa en alófono en disidente en estrávico en interpretacións estranxeiras

Língua magoada lañada por espiñas de acacia Cores caleidoscópicas agora coutadas polo lecer brutal que impronuncia varios fonemas cotiáns cando antano eles abrollaban ceibes polo callón da glote indíxena

Eis a afasia cainita do laio pasivo que esquece a orixe
KKJASDLKJLKAJSDKJLKASJLKDJDSFDSKSDKA Flor meirande a que murcha
KKJASDLKJLKAJSDKJLKASJLKDJDSFDSKSDKA que un dicionario apodrecido

Dúas forma de expresión
KKJASDLKJLKAJSDKsd somentes unha de submetimento
Amauta Castro
Girona, 24/05/09

Monday, May 18, 2009

EU APOIO


A democracia só semella ser feita para un país pequeno
Voltaire

Nestes días ando eu algo aguniado polo retroceso eleitoral das diferentes opcións comunistas que acontecen no proceder diario da India e pola represiva fin da resisitencia Tamil en Sri Lanka. Este mundo rico que gorece coas súas ideas Aung San Suu Kyi, líder feminina da oposición en Myanmar, teima en derrotar polo asoballamento xurídico as posicións alternas que tentan subvertir a lingua feroce do bestiario maioritario co artefacto heroico da diginidade.

E é que neste mundo de sensibilidades contrapostas non hai liñas rectas, nin camiños directos (como diría un líder político deste século que non pretendo nomear). Pois ben, neste preciso mundo no que por tempo e situación xeográfica dei en vivir, acontece que o discurso da esquerda é un produto a desmembrar e encadear.

Un dos Vellos que Saben, persoa á que coñezo por vocación poética, teatral e política, depositou diante do circo legal das Hespañas un proxecto común de colectivización da razón e deu coma sempre contra as trabes que sosteñen a vergoña.
Penso eu iso si, que desta volta, os pailáns do provincianismo naïf do verbo incontido e contaminación política deron en atacar un proxecto que lles sobrepasa o discurso pseudo-democrático por virtude e complexidade. E é que non aprenden. Non lles chegou cos Papeis de Salamanca, nin con Euskaldunon Egunkaria, nin con Ardi Beltza, nin coas incineradas fotos de el-Rei en Ciutat. Eles aspiran a moito máis, aspiran á ditadura da infamia e do mandato (h)único do primitivismo filo-imperialista.
Porén, por vez primeira na historia desta bitácora, fago referencia explícita a unha organización política concreta, e digo:


A eles a aos que integran a súa candidatura, a forza de Voltaire e o retroceso das armas de repetición coas que dicimos que xa temos dabondo.

Unha aperta a todos os que con certeza poderemos ter os nosos votos ilegalizados.

Amauta Castro
Girona, 18/05/09

Thursday, May 14, 2009

DIA DAS LETRAS, EU VOU Á RAMBLA!

"Tomei do bolso a miña pistola. Con coidado, pra non espertar a Ulm Roan, cargueina, monteina. Sen sentir nada apuntei, dende moi perto, á caluga do traidor Ulm Roan. Abondou un tiro: a penas un estremecemento, non se alterou a posición do seu corpo. O disparo repercutiume –foi curioso–, cunha dor aguda e súpeta, na zona do himen. Descolguei un coitelo da panoplia e, coa ponta, gravei fondamente no lombo de Ulm Roan as tres iniciais da I.T.A.”

De Retorno a Tagen Ata (X.L. Méndez Ferrín)

Hogano, Ulm Roan semella acordar do seu deceso temporal para amosar a podente sombra da súa figura como solucionario para o proceso histórico de devalo do noso espectro cultural autóctono.E vai pensando un, coa acidez gástrica do mal xorne posta como castigo, que esta penitencia do vagar infindo dos espíritos funestos de Ulm Roan e outros, acontece no día preciso das celebracións máis autentes da vella Gallaecia.

Eiquí, na nova Gallaecia, eu propoño un paseo de domingo pola Rambla de Caputxins para asistir á Concentración a prol da lingua galega co proceder reivindicativo e fascinante que compón as ideas dos bos e xenerosos alén dos mares e dos continentes, lonxe ou perto das Illas.

Amauta Castro
Girona, 14/05/09


A concentración será o vindeiro 17 de maio ás 12 horas nas Rambles (diante do Centro Galego de Barcelona).
Rambla Caputxins 37-39, Barcelona

Monday, May 04, 2009

PRANTO POR KIMITAKE HIRAOKA ( E OUTROS PENSAMENTOS ESCUROS)

“O valor dun home revélase cando a súa vida se enfronta coa morte”
Yukio Mishima (escritor xaponés)

Cando os días son convulsos, un vai ciclicamente volvendo aos mitos que lle son propios e ensoña de vagar novos mundos e novas culturas. O exotismo próximo de Xapón contén o meu pensamento perto das Illas e das flores da cerdeira que xa explotaron de norte a sul por todo xapón ben entrada xa a primavera.
Sería sinxelo dicir de Mishima (a quen eu evoco neste título baixo seu verdadeiro nome, Kimitake Hiraoka) que foi un ser ancorado no pasado da gloria imperial do Xapón máis militarista e máis fanático de si propio. Sería sinxelo culpalo dos seus delirios de morte por honra, como expresión da frustación da sociedade asoballada que lle envoltaba. Sería sinxelo dicir que a súa obsesión pola grandeza do Xapón da era Heian, o gusto pola contención e pola austeridade nas formas foron produto de ensoñacións fascistas. Pero nembragantes, a reflexión vai por outro camiño.
Poderiamos plantexar o retroceso a un pasado que reivindicamos desde un punto de vista nacionalitariamente positivo? Quer dicir, é viábel (desde a esquerda) reconstruirmos o pasado para edificar un presente que nos está a asoballar? É lícita a crítica a Mishima polo seu acerbo patriótico?
Existe un nacionalismo que positivice o patriotismo desde o propio pasado? Na nosa situación histórica e política como pobo diferenciado sería perfectamente necesario. Pero como se practicou desde a galeguidade esta reconstrucción?

--------------------------------------------------------------------------------

Penso que é un bo momento para reflexión, sen que nos entren gañas de filosofar sobre a saudade nin sobre o sexo dos querubíns. Enfrotámonos a unha situaciónde retroceso inédito nos nosos dereitos lingüísticos. Que os nosos fillos ou netos estean en disposición de recibir menos ca nós nesta materia fainos plantexar as incógnitas con certos medos. Faise necesaria porén unha alternativa desde os movimentos sociais. Unha alternativa apartidaria (que non apolítica) que sexa quen de soster os pasados sobre os que construimos a identidade do presente. O Día das Letras Galegas que se nos vén diante non é un fetiche literario, nin unha proba de valentía para o activismo do país. É o punto de inflexión dunha derrota que acontece desde que o primeiro irmán de terra ten que deixar a súa vila natal. Que acontece cando as falantes son obrigadas á xenuflexión diaria. Que se sostén na falta de trasmisión dos valores nacionais de pais e nais cara os vástagos da tribo. Que se representa nos sorrisos falsarios dos coudeis do engano (dígase UpyD, Galicia Bilingüe, ou PPdG).

Mentres, para non cairmos en desesperacións inúteis e apocalípticas convén reactualizar os plantexamentos para revitalizar o idioma. Sen condicións.
Tome nota quen a deba tomar.

Amauta Castro
Girona, 04/05/09

amautacastro@hotmail.com

Estadisticas y contadores web gratis
Estadisticas Gratis
Estadisticas Gratis