DIA DAS LETRAS, EU VOU Á RAMBLA!

De Retorno a Tagen Ata (X.L. Méndez Ferrín)
Hogano, Ulm Roan semella acordar do seu deceso temporal para amosar a podente sombra da súa figura como solucionario para o proceso histórico de devalo do noso espectro cultural autóctono.E vai pensando un, coa acidez gástrica do mal xorne posta como castigo, que esta penitencia do vagar infindo dos espíritos funestos de Ulm Roan e outros, acontece no día preciso das celebracións máis autentes da vella Gallaecia.
Eiquí, na nova Gallaecia, eu propoño un paseo de domingo pola Rambla de Caputxins para asistir á Concentración a prol da lingua galega co proceder reivindicativo e fascinante que compón as ideas dos bos e xenerosos alén dos mares e dos continentes, lonxe ou perto das Illas.
Amauta Castro
Girona, 14/05/09
A concentración será o vindeiro 17 de maio ás 12 horas nas Rambles (diante do Centro Galego de Barcelona).
Rambla Caputxins 37-39, Barcelona
6 Comments:
Grande pasaxe do noso amado XLMF. Todos os actos que fagamos a vindeira fin de semana son necesarios nistas xeiras de LOITA. No meu caso marcho o Venres á Coruña á casa duns colegas para liala nesta cidade de desleigados e señoritos. Vou co meu fillo máis vello, e se a cousa non desfasa levareino á mani nacional do día 17. Con 8 anos defende o galego do mesmo xeito e coa mesma dignidade coa que defende a súa lingua nai , o catalán.
Saúdos fraternais e Loita !
Que asi sexa, a ver se reconquerimos Brigantia e recomezamos o País por ela...
Un saúdo e unha aperta do teu irmán de loita,
Amauta Castro
vémonos mañá na rambla!!
saúde e lingua!
lingua saudábel ante todo...
Deica mañá!
Nunca me doeu na vida tanto un asasinato ficticio coma este. Aínda hoxe non o entendo.
Xa sabía eu que che estaba a proer..hahahahaha!
Foi unha morte mesmo ensoñada na propia narración, asi que non sufras.
pertas benquerido Can O'chamis!
Post a Comment
<< Home