Palabras de Amauta

Tuesday, March 17, 2009

AS BOAS NOVAS SON PARA VÓS


"Y si me matan, resucitaré en el pueblo salvadoreño." Monseñor Romero

Recén chegado da Toscana chegou a nova que moitos de nós agardabamos (seino), a vitoria eleitoral do FMLN nas eleccións xerais de El Salvador. Unha utopía desas posíbeis nesta Nova América que estoura en soños cada vez que un Fernando Lugo, un Rafael Correa, un Evo Morales, un Hugo Chávez, un Mauricio Funes, etc. Cada vez que un deses trasmisores de ideas que son os líderes desta Nova América, reatopa o pasado dos seu pobo e enche de novo as espranzas dos supervivintes dese xenocidio diario vivido nos últimos 500 anos.

Tomo con cautela a vitoria eleitoral do FMLN, foi xusta e axustada ambalas dúas cousas. Pero creo que é tempo de lembrar o pasado. De lembrar ao propio Farabundo Martí, a Roque Dalton, e a Monseñor Romero. De subliñar co aceno misericordioso de Jon Sobrino as palabras que desta volta saian da boca da xente. De retomar o pasado, dixen. De reiniciar o rumo sen esquecer o camiño andado.

Non todo ían ser malas novas após o 1 de marzo, non si?

Amauta Castro
Girona, 17/03/09



4 Comments:

At 11:57 AM, Blogger Antón Mixiriqueiro said...

O que non lograron coas armas consegueno agora os herdeiros do grande Martí cunha vitoria que enche de ilusión non só o seu País senon toda a America asoballada. Cando foi fusilado as súas derradeiras verbas foron para os compañeiros do Socorro roxo internacional. A súa era unha ideia Universal e universalista: o comunismo
Saúde e avante

 
At 12:16 AM, Blogger amauta said...

Fermosas palabras, Antón.

Agardo con incertidume o que sucederá esperemos que dentro ou fóra do ALBA, El Salvador aporte dignidade ao seu entorno. Por certo, xa anunciaron que retoman relacións diplomáticas con Cuba.

Boas novas.

 
At 11:32 AM, Blogger FraVernero said...

Suma e segue!

Xa o dicía o cantautor: 'El rojo gota a gota irá creciendo'. Anque un sempre foi pesimista coa democracia liberal-representativa. Veremos o que da o cambio no país do trístemente asasinado Arnulfo Romero, o único bispo polo que teño sentido xamais respecto e admiración.

 
At 12:47 PM, Blogger amauta said...

Sen eu ser crente, tamén teño grande estima por moitos membros da Igrexa en Latinoamérica. Sen ir máis lonxe reomendo a Spinal, Leonardo Boff, Frei Betto, Pere Casaldàliga, Alsina, e ao eterno Ernesto Cardenal.

Saúdos e sempre benvido compañeiro FraVernero!

 

Post a Comment

<< Home

Estadisticas y contadores web gratis
Estadisticas Gratis
Estadisticas Gratis