HAIKU 2
Ine ine to/ hito ni iwaretsu/ toshi no kure
"Vai, Vai"
é o que me din as persoas-
O ano chega á fin
Rotsû Imbe (1649-1738, poeta xaponés)
Rotsû Imbe, un monxe mendicante discípulo de Basho MAtsuo é neste caso autor deste haiku que veño a resaltar neste post.
No seu vagar, Rotsû Imbe coñeceu a Basho Matsuo (o máis coñecido facedor de haiku do Xapón) e mesmo o acompañou nalgunha das sáus viaxes. Condicionado pola poesía de Basho e pola súa vida de esmoleiro volveuse misántropo e mesmo foi maldizoado polo resto de discípulos de Basho.
Este haiku fala do rexeitamento sentido polo propio Rotsû Imbe na parte final do inverno, cando a xente está a preparar o aninovo xaponés. A falta de caridade existente no momento demóstrase no feito de pedires esmola cando todo mundo está a preparar a festa, cousa que Rotsû evidencia nesta composición. O kigo (palabra estacional) é "toshi no kure" cando o ano chega á fin, é dicir no inverno.
Porén, e aproveitando que as miñas clases de lingua xaponesa progresan, deixo este haiku de inverno para felicitar o aninovo xaponés, que se está a celebrar por estas datas, e para que a sinxeleza destas composicións achegue dozura aos nosos pensamentos coitáns.
Até máis ver!
Amauta Castro
Girona,24/01/09
0 Comments:
Post a Comment
<< Home