O PLANETA DOS SIMIOS
A foto fala por si propia. Non vos lembra a "O grande ditador" de Charles Chaplin?...Abofé!
Non é ningunha nova que o Premio Planeta careza de interese. O feito problemático aparez cando se está a osixenar un sector de intelectuais orgánicos alineados co "florido pensil" da democracia virtual do Estado español posterior á Segunda Restauración Borbónica. Este sector que habita lonxe da realidade cotiá dos pobos, que asina en nome das linguas (h)únicas, e que practica o esencialismo esquizoide do desnortados, acaba de ser premiado cos folgos económico-mediáticos do Premio Planeta.
Irrita xa só o feito de que llo entregaran en Barcelona, unha cidade que non merez o ridículo espantoso de vivir xenuflexa diante destes premios da barbarie. Cidade que foi e será punta de lanza dun pensamento catalán e libérrimo, que lonxe de partillar estes feitos abomina e repele calquera tipo de insinuación lilliputiense e homoxeneizante feita no nome da creación máis putrefacta.
Pero estes días non foron só os días da "cruzada" feita á escala máis inmensa. Non, foron tamén días de debate persoal contra os trasmisores despreocupados do ensino perpetuo dos "bos modais". Pois si, nestes últimos días fun partícipe de diferentes operacións de submetimento lingüístico. Iso si, con cadanseu final. Explico o conto.
Resulta que veño de recibir un desde cursos que promoven as empresas para optimizar certos usos laborais. Nun destes cursos, o español "de turno" fai a súa intervención desde o público sen case comezar a ponencia.
"Oiga, quien me proporcionó este curso ya sabía que yo no hablo catalán, así que a ver si puede dar la ponencia en castellano por que yo no entiendo catalán".
Como ben observades a fórmula "por favor" non existe en ningún dos vocablos pronunciados polo asistente. Debemos lembrar, oportunamente, que o español en cuestión leva xa case un ano residindo en Ciutat e que malia iso segue a dicir "no entiendo catalán" que é bastante máis grave ca "no hablo catalán" (eis o concepto).
O pior de todo é que cando solicitou o curso (porque o solicitou el soíño) o curso xa especificaba que era impartido pola Generalitat (que ten como lingua oficial o idioma catalán, tal e como reza a Lei de Normalización Lingüística). Pois ben o noso suxeito experimental, a quen chamaremos de agora en diante Español #1, malia ver que era impartido pola Generalitat e que o título e maila solicitude estaban en lingua catalá, optou por pedilo (supoñemos que por non ter gañas de ir ao traballo).
O problema residiu na resolución do conflito. O ponente comeza facendo gala do seu catalanismo galopante pero capitula e di,
"bueno intentaré explicar el curset en castellano, disculpa si en algún momento trobes que estoy traduciendo. Es que mi mentalitat es muy catalana"
Por outra banda, noutro punto do meu traballo un segundo curso se estaba a impartir. Resulta que neste segundo curso, un suxeito experimental a quen chamaremos Español #2 di:
"Podría ser en castellano, es que no entiendo catalán"
Semella a mesma frase, non si? Pois ben neste caso, o suxeito Español #2 leva en territorio catalán 3 anos. Cousa que non lle foi tida en conta polo resto da audiencia pero a resolución do conflito neste caso cae do doutro lado. Vexamos a resposta do ponente catalan-falante.
"Pues mira, hacemos una cosa. Yo doy la charla en catalán y si no entiendes algo, lo comentas y te lo explicamos entre todos".
Un comentario moi acaído por parte do ponente que, neste caso, resolveu o conflito sen problemas e mesmo deixando en evidencia ao suxeito Español #2.
Queda pois este comentario para os buscadores de frases acedas anti-fodechinchos.
Até aquí o meu comentario.Eis o planeta dos simios, o planeta dos intelectuais da vangarda española. Dicir quero que obxecto ao seu ruín concepto de liberdade de expresión, de contaxio democraticista burgués e glotofóbico.
Eu quedo na compaña de Celso Emilio, "Lingua proletaria do meu Pobo...". Permitídemo, é cousa de xustiza.
Amauta Castro
Girona, 20/10/08
5 Comments:
A min encántame o fenómeno de: "Y le pedí que me hablase en castellano porque no entiendo catalán y me llamó provocador". No que eu sempre penso: e como entendería este tío que lle chamaban provocador se en teoría non entendía catalán?
Particularmente teño asistido a conferencias en italiano e catalán sen ter nen idea previa e creo que é un obxectivo relativamente doado para as persoas que vimos do contexto lingüistico latino. Outra cousa é a vontade ou aquilo que se chama "defensa do territorio conquistado".
Obrigado polo comentario. Éste post non é máis ca unha mostra da batalla diaria da que os "esforzados" españois nos teñen xa un tanto fatigados (como diría Manoel-Antonio).
Fica convidado a seguir esta humilde bitácora. E a deixar as súas reflexións en vindeiros artigos.
Un saudo e deica outra!
En Galicia non existen este tipo de problemas: xa se sabe, somos hospitalarios ata a obsequiosidade, sufridos ata o masoquismo e proxectamos tan doada e gratuitamente a nosa empatía cara ós que non nos entenden que non só nos esforzamos en falarlles na lingua que eles elixan para nós, senón que mesmo acabamos imitándolles o acento. O noso modus operandi é sinxelo: mendigamos amor ecuménico, o que queremos é que nos queiran propios e estranos, e así optamos pola estratexia de conquistar a tododiós que nos chega por Piedrafita polo estómago, non pola lingua. Cuestión de criterios: non vaia ser o demo que nos acaben considerando tan antipáticos como ós cataláns ou tan rarechos como os bascos!
Concordo...Todos aos pés dos fodechinchos. Un pobo feito á medida de España. Pero inda quedan exemplos de resistencia. Eu envío folgos para o País.
Saudiños!
http://markonzo.edu novices http://www.recipezaar.com/member/1552244 http://aviary.com/artists/Dishnetwork tgci http://forum.fscp.org/members/allegiant-air-airlines.aspx http://community.momlogic.com/profiles/blogs/ashley-furniture-online
Post a Comment
<< Home