Palabras de Amauta

Sunday, August 31, 2008

UXÍO NOVONEYRA 2010

Uxío Novoneyra wa Garishia no shijin desu (Uxío Novoneyra, poeta de Galiza)

Son non poucas as cousas que a min me unen á traxectoria do Uxío Novoneyra. Hai xa tempo (este blogue de meu vai para os tres anos) que a voz firme e courelá de Uxío Novoneyra mora eiquí coa presenza das ánimas que retornan e oxalá que así for.

Penso eu que Uxío Novoneyra trascende á miña escrita por ese aceno beatnik e transgresor (por patriotismo, tamén) que vai e viaxa canda el propio polas terras que van do Courel a Compostela. Uxío Novoneyra aquel pioneiro, un deses seres que habitan as partes máis estremas do mundo facendo seu o entorno e a comunidade humana que puidera habitar alá. Un rapsoda encantado polo vento que vén do leste, do leste de Europa e mais do mundo. E é aquí onde atopo unha outra coincidencia miña co amigo Novoneyra. O amor por Xapón, pola lingua e pola cultura do País do Sol Nacente (Nihon ou Nippon). Vése que tal e como un dos símbolos patrios, a xapoeira ou camelio, ocupou parte das súas afeccións tamén o país de orixe da mesma que froitificou no espírito de Novoneyra como se dun haiku se tatara. Non debemos esquecer tamén a forza das caligrafías e caligramas do Uxío Novoneyra, que en certo grao lembran aos ideogramas chino-xaponeses está ben presente na súa obra. Comporta daquela unha obra chamada precisamente "Camelio xaponés", que en bilingüe e con caligrafías xaponesas remarca se cadra o interese que viviu Novoneyra polo mundo xaponés.

Vaia por el os kanji (ideograma) da eternidade (eien, en lingua xaponesa)que deixo como imaxe desta entrada.


Por outra banda, convido a quen puidera ler este pequeno e tedioso texto a asinar a prol da candidatura de Uxío Novoneyra para o Día das Letras Galegas de 2010. Velaí a ligazón que deixo nas vosas mans.




Amauta Castro

Girona, 31/08/08




3 Comments:

At 6:29 AM, Blogger a.ma said...

ei poeta!
a onde marchades?de onde volvestes?
aperta!

 
At 8:49 AM, Blogger amauta said...

Pois ultimamente non estou nin poeta, nin viaxeiro nin nada. Ando a estudar (que falla facía) e a quecer motores para a Diada (que non é pouco), pero...

En novembro....CUBA!

 
At 2:35 AM, Blogger a.ma said...

...xa sabía eu, mágoa non estar por aí o 11, éche o que hai...

 

Post a Comment

<< Home

Estadisticas y contadores web gratis
Estadisticas Gratis
Estadisticas Gratis