Palabras de Amauta

Tuesday, July 01, 2008

PODEDES...??



Adicado á Selección de Futbol do Reino de España cun fondo aceno de satisfacción...ou non.

Por certo, a foto é cortesía de La Razón. En basco di: “queremos ser oficiais”, pero semella que o xornalista non acabou de pillar a mensaxe.

Desta semana pouco que dicir. Que os españois poidan xa cambiar o seu video de cabeceira (quer dicir, o 12-1 a Malta) polo da vitoria fronte Alemaña en Viena, produzme un efecto certamente nefasto.
Todos sabemos ben que da selección española de futbol non nos damos libertado. É como a voda dunha Infanta de España, tes que mirala inda que non o desexes. Tes que querela inda que non a queras, tes que dicir o contento que quedaches inda que non o esteas...etc. Do contrario, problemas...Comezas por iso e veñen os debates e as preguntas de sempre “que se non te sintes español ou que?”, que “se esa é a selección de todos”, que “ se a ninguén lle fai mal”, etc.
O feito é que, no eido deportivo, países cun número moi inferior de federados do que o Reino de España teñen levado un número moi superior de trunfos. Nembargantes, o Reino de España gábase da inefábel final da Eurocopa de hogano.
Aparecen bandeiras españolas (borbónicas) onde nunca as houbera ( e cito tamén a Ciutat, que non se soubo sobrepor ás ínfulas españolistas dalgúns). Aparecen dicía, touros de Osborne onde antes se queimaban fotos de el-Rei. E que facer, cando na túa oficina aquel rapaz taciturno do que mesmo moitos dubidaban da súa sociabilidade esperta e fai gala dos mellores coñecementos futbolísticos, cando aquela compañeira que a duras penas fala castelán di “osti tu, eh que juegan bien estos nois!”, e cando as consignas do xefe pasan a ser a ritmo de Manolo el del bombo.
Se cadra alguén, nun futuro non lonxano narrará o gol-de-España e dirá “de carretilla” a famosa alineación-de-España, que tanta ledicia repartira meseta adiante (meseta adiante ...de españa, millor non esquecer a palabriña).
E así son os nosos colonos. Entrañábeis por simples pero brutiños e aldeáns como eles sós. Tanto, que inda algo dentro de nós pregunta: “que demos fixemos nós para que nos colonizaran estes pailáns?”
Pois si, eles, os do berro de “Podemos”, os da rúa a Iker Casillas, os de “Raúl selección”, os do “chunda-chunda” con letra e todo, os do “a por ellos”, os do palco-presidido-por-su-majestad,
A resposta á intrigante pregunta de “por que demos nos colonizaron” non é sinxela, pero creo que ten que ver con épocas non tan pasadas do noso país. E é que hai cousas que son moi malas de lavare e de levare. Pan e circo, unha receita non tan nova, non si?
Así que, benqueridos colonos da Selección de Futbol do Reino de España: podedes...desaparecer?

Amauta Castro
Girona, 02/07/08

amautacastro@hotmail.com

1 Comments:

At 4:35 AM, Blogger a.ma said...

ben...
mesmo sentimento
a Can Fanga tamén lle saiu algunha erupción monárquica...
Convite para este sábado (nit oberta de museums a Montjuïc)

 

Post a Comment

<< Home

Estadisticas y contadores web gratis
Estadisticas Gratis
Estadisticas Gratis