Palabras de Amauta

Sunday, September 07, 2008

IT’S ALL THE SAME FUCKING DAY, MAN

"I don't understand how come you're gone, man. I don't understand why half the world is still crying, man, when the other half of the world is still crying too, man, and it can't get it together. I mean, if you got a cat for one day, man — I mean, if you, say, say, maybe you want a cat for 365 days, right — You ain't got him for 365 days, you got him for one day, man. Well I tell you that one day, man, better be your life. Because, you know, you can say, oh man, you can cry about the other 364, man, but you're gonna lose that one day, man, and that's all you've got. You gotta call that love, man. That's what it is, man. If you got it today you don't want it tomorrow, man, 'cause you don't need it, 'cause as a matter of fact, as we discovered on the train, tomorrow never happens, man. It's all the same fucking day, man."
Janis Joplin (reflexión transcrita dun concerto en directo)

Comeza xa a hora da volta á normalidade. O tedio, spleen, esa realidade cotiá que nos adormece diante dos soños que instaurabamos anos atrás. Nos vindeiros días volve o horario de traballo de inverno, a rotina horaria que se estende de setembro a xuño do vindeiro ano.
Lin hai pouco a alguén que con convicción dicía que cando nenos non aspiramos a ser contribuintes de salario fácil e vida razoada. Os nosos heroes e heroínas son especímenes que trascenden á historia por algo máis ca unha hipoteca pagada coa suor da fronte, ou un coche deportivo financiado a prazos. E ten razón, abofé. Froito da nosa autocomplacencia moitas veces reiteramos conductas que non semellaron facer moi felices ao que nos precederon na vida. Pero nós, conscientes do correcto, reiteramos coa mesma angueira as traballosas vidas dos que chegaron antes ca nós ao mundo. E que?
Unha canción de Janis Joplin, da que falo casesque de memoria, di nunha das partes recitadas-faladas que os días se prolongan até que desccobres que non son días distintos senón que son “the same fucking day”. Penso que é unha versión en directo de “One good man” pero non ando seguro de todo, así que perdoade a inconcreción. Pois niso, “the same fucking day”, incide este post un tanto aguniante.
Pero co mesmo, coa mesma predisposición a que esta intrascendente existencia de poeta-funcionario-viaxeiro-contribuinte-blogueiro-librepensador (tremendo constructo que acaba de sair) penso que está a agromar un tremendo cambio do que espero mantervos informados a medio prazo.
O mundo está cheo de reptos que a xente (xente normal) foi collendo co pulo que lle deron os seus propios horizontes. Até hai pouco eu, que sempre me identificara como unha persoa sen atribucións, nin méritos, nin vocacións; até hai pouco, dicía, non atopara un pequeno horizonte (isto xa comeza a dexenerar en plan “libro de autoaxuda”). E é desde esa propia vontade na que cadaquén vai trazando os seus camiños e vai perpetrando con máis ou menos fortuna as súas decisións coa vida. Porén, ando a argallar un cambio de fundo na miña existencia. Cambios que moitas veces non poden ser comprendidos desde outras mentalidades afeitas á monotonía e mesmo aos espellismos que comporta.
Dicía que volve o tedio dos días curtos con longas xornadas laborais, das horas diante do ordenador e dos expedientes, dos xefes airados e dos compañeiros chismóns. Pero desta volta, tentarei crebar a monotonía dos días para no futuro fornecer os minutos do meu tempo con distintas e anovadas espranzas.
Non chamemos agora por Joplin, dixera o poeta.

Amauta Castro
Girona, 07/09/08

amautacastro@hotmail.com

3 Comments:

At 5:57 AM, Blogger a.ma said...

para crebar a monotonía eu deixareime caer por aquí,
pronto virá a VIAXE,
agardarei para lerche os pasos!

 
At 8:22 AM, Anonymous Anonymous said...

Non hai óso o suficiente duro que non sexas quen de vencer. E se algún día chega a derrota virá sempre seguida da aperta que che han brindar sempre os teus irmáns.
Adiante, sen medo, que todos imos contigo.

 
At 1:05 PM, Blogger amauta said...

Ben recibidas son as vosas mensaxes!
Eu tamén leo e apoio os vosos pasos!

Saudos!

 

Post a Comment

<< Home

Estadisticas y contadores web gratis
Estadisticas Gratis
Estadisticas Gratis