CIUTAT, A ESTELADA E NÓS
Segundo Ada e mais eu, a de hogano foi unha Diada lixeiramente diferente do resto. Penso que foi portada dalgún diario de ámbito estatal que en 40 concellos do Principat de Catalunya a Estelada (na súa versión histórica) ondeou malia o contubernio xurídico-mediático.
Pois si, a Estelada cumpliu 100 anos. Unha bandeira que leva as catro barras de Guifré el Pilós sobre o fondo amarelo dos condados da Catalunya Vella e a estrela branca sobre un triángulo azul no seu estremo superior. A inspiración da bandeira é unha mestura da cuatribarrada catalana de sempre e da bandeira cubana (tendo en conta que as independencias de Cuba e Filipinas estaban "de moda" entre os catalanistas daqueles tempos).
Feita a introducción histórica, o Concello de Ciutat aprobou co apoio de ERC, ICV e CiU unha moción pola que durante a Diada serían retiradas tódalas bandeiras do Concello agás a Senyera. Amáis, unha Estelada presidiría a Praza de Catalunya visto que de pendurada do balcón do Concello incorrerían nun delicto. Lembremos que no que se refire ao uso de bandeiras "anti-constitucionais" o Concello de Ciutat xa tiña experiencia cando anos atrás a bandeira tricolor da IIª República fora pendurada durante uns diíñas. A decisión do uso da Estelada non foi mala de todo, mais o problema veu da aplicación da mesma.
Certo é que o óptimo sería que a bandeira española nunca estivera presente no consistorio e que a estelada debería ondear no propio edificio e non na Praza de Catalunya. Pero inda así, considero que non estivo mal a decisión tomada por ERC, CiU e ICV. O problema deriva de que a Estelada presente en Praza de Catalunya tiña unhas dimensións irrisorias, e estaba situada nun estremo da praza (entre unhas farolas, manda carallo!), como cun certo aceno de vergoña política, como con covardía (enténdeseme, non si?). Que as forzas institucionalizadas optaran pola mellor situación xurídica posíbel entra nos meus cálculos. Pero que a Estelada sexa de todo-a-un-euro e o mastro estea abeiradiño como para-que-non-me-mire-Grande-Marlaska, dá pena.
Xa vedes, en todos os sitios hai para contar. As cousas feitas con présas non funcionan ben.
O caso era non mancarse.
Amauta Castro
Girona, 13/09/08
2 Comments:
non gasto estelada por aquí,
mais lémbrome dela,
va que si!
pois hai que tela!
Un saudo desde Ciutat...
Post a Comment
<< Home