CASA DE ASIA EN COMPOSTELA?... SI!
Días, xa catro son os que levo de vacacións no País. Xa desde a saída (avión Girona-Porto) sentín, coma sempre, a rexouba persoal do goce a través do idioma. Xa na cola de espera para o embarque comprendín o verbo irmán e asubiante dos portugueses, e a portentosa estrela que nos acompañou sobrevoando Porto, antes da entrada no modernísimo Aeroporto de Sá Carneiro en Matosinhos.
Poucos días despois, a boa nova. Touriño e Moratinos anuncian nunha xuntanza coa caste empresarial nippona en Compostela, a apertura dunha terceira sé da Casa de Asia en Compostela. Polo que respecta ao meu coñecemento sobre o tema, poño por adiantado que alén falarmos dun mercado certamente emerxente, o mundo asiático (que abrangue non poucos países) é unha das chaves para o agromar patrio. A sintonía cultural entre os pobos, a apertura industrial do mercado galego no Xapón e a máis ca convinte participación turística do mundo nippon en Galiza.
Pero é que nesta Galiza de hoxe, hai activos de peso para crermos que a apertura ao continente asiático é unha necesidade de todo urxente. Non fai falla dicir que China será a primeira potencia mundial nos vindeiros 15 anos, que Corea é o primeiro país en forza de traballo por habitante do mundo, que as clases medias da India se están a sumar a este mundo de privilexios que ocupamos en Europa e o Norte de América. Non fai falla dicir, que o principio universalista do nacionalismo galego deu en formar entre os seus a Xulio Ríos o grande analista do mundo oriental, forra de Oriente. Non fai falla dicir nada diso, nun argallar sobre a necesidade de proxectar a nosa lingua alí onde for preciso. Non fai falla nada diso, ara entendermos necesaria, espléndida e meritoria a máis que probable e futura creación da Casa de Asia en Compostela. Un dato para estarmos ben contentos.
Neste caso, eu digo Viet Nam e basta.
Saudos desde Vigo
Amauta Castro
Matamá-Parada 06/10/08
amautacastro@hotmail.com

4 Comments:
A iniciativa sona interesante, anque sospeito que se vai limitar case en exclusiva ao 'mercado', e non tanto ao intercambio cultural e intelectual.
Lembro que cando viaxara a Cuba enviáralle un correo á embaixada vietnamita de aló para ver se me podían dar información sobre cousas deles que estiveran traducidas ao español (ou inglés). En galego creo que só temos certo libro de versos de Ho Chi Ming que traduciu Neira Vilas (do francés, claro).
Efectivamente, "Xornal de prisión" traducido polo Neira Vilas. No que se refire a traducións ao español, eu antes de vir a Ciutat lera na Biblioteca Central de Vigo unhas "obras escolleitas" de Ho en castelán (por se é do teu interese).
No que se refire á casa de Asia, en Barcelona hai unha das sés e ten unha vida cultural moi interesante (tertulias en xaponés, bilbioteca chinesa, exposicións sobre arte iraniana, cursos de escritura sánscrita e de lingua hindi, etc etc, etc). Tamén fan bastantes exposicións sobre fotografía, haiku, ...E sempre hai que ter en conta que este tipo de centros soe ten persoal cualificado que vén dos países de orixe...Pense niso, benquerido irmán.
www.casaasia.es
(é unha recomendación, sobre todo bótalle un ollo á axenda)
Este proceso xa está encetado, e penso que é imparable. Por exemplo, a empresa que máis reproductores de MP3 factura do Estado é galega (Bluesense), está ubicada nun polígono industrial no cerne de Galicia e satisfai os seus pedidos "just in time", xa que fai montar os aparellos en Malaysia, que llos remite en 24 horas. Cando é máis barato facer isto que manter un stockaxe nunha nave industrial a 50 metros de onde está un se cadra é o momento de pensar moi en serio en subir ó carro, xa que, polo de agora, a alternativa é deixarse esmagar por él.
De calquera xeito a súa crónica é unha boa nova, mádia leva!
Uma apertinha!
Vaia, semella que este post se animou finalmente.
Eu son dos que opina que o mundo será global por necesidade casesque humana. Pero dentro dunha globalidade humanizada, plural,colectiva.
No que respecta á Casa de Asia, agradezo a posibilidade de que no meu país se poida desfrutar da dinámica cultural que tamén oferez.
As culturas asiáticas tamén sufriron en parte o esquecemento debido ás ínfulas anglosaxonas e glotófagas deste mundo do Capital.
Un saudo, eu tamén sigo a súa bitácora (con moito interese).
Post a Comment
<< Home