O MEU TOCHO CUBANO (PARTE 2)
Hai problemas de liberdade de expresión en Cuba?
A resposta é non. En Cuba somentes existe prensa diaria ofial, iso quere dicir que desde o noso punto de vista occidental non hai liberdade de prensa. Mais existe verdadeiramente liberdade de prensa en Occidente? a resposta tamén é non, así que a miña análise centrarase noutro tipo de cuestións moito máis cotiás.
Pouco antes de ir a Cuba moita xente me falou das litas de artistas excluídos pola Revolución. Listas nas que supostamente podemos atopar a Gloria Estefan (o delicto está en quen considera a esta persoa “artista”). Pois ben, o resultado é que a xente escoita o que lle peta. Ata tal punto chega isto que en calquera cidade cubana un pode escoitar ás músicas tradicionais ben vivas na rúa (trova, son, boleros, etc), pero tamén a música comercial que se está a escoitar en América Latina en xeral e en Europa e nos USA. Porén, un pode escoitar, ao volume que estime oportuno o seu viciño ( e aseguro que hai volumes de todo tipo), a cantantes melódicos italianos, a grupos de hip hop americano, reggaeton, música mexicana, etc. Moita desta música é emitida polas emisoras oficiais? Si, moita desa música si inda que hai algunha que non (a devandita Estefan é unha delas) pero iso non quere dicir que un poda escoitar a música de certos autores na súa casa sen que exista sanción algunha. Acaso saen Betagarri, Obrint Pas ou Skárnio en RNE? Abofé que non...

No mundo do libro, non é para min posíbel dicir outra cousa que non sexan beizóns ao mundo editorial cubano. Desde a editorial "Ciencias Sociales" ás publicacións da "Casa de las Américas". Fago especial recomendación a calquera viaxeiro que se prece, de facer unha visita ao Instituto Cubano do Libro (na Plaza de Armas d'A Habana), cheo de actividades e libros a bo prezo.
No que se refire á liberdade relixiosa, a cuestión chega moito máis lonxe. En Cuba conviven cultos de tipo afrocubano, o catolicismo de tipo romano, cultos ortodoxos rusos e gregos, igrexas evanxélicas de todo tipo e pelaxe, e (capítulo aparte, pois non é unha relixión propiamente dita) a masonería que está moi presente en toda a Illa. O caso é que a relixión afrocubana é practicada a plena luz. A xente ten altares nas casas adicados aos seus santos protectores. Mesmo hai un fermoso museu adicado aos Orishas unhas rúas maís alá do Capitolio. Eu mesmo podo certificar que vin mulleres con vestimentas da relixión afrocubana nun CDR do distrito da Habana Vella.
Do catolicismo pouco que dicir. Non se diferencia grandemente do de aquí. No meu penúltimo día n’A Habana sacaban en procesión a unha virxe (non lembro cal) da Catedral d’A Habana. Na catedral de Santiago a situación dunha misa de domingo é de cheo absoluto sen que iso repercuta na traxectoria revolucionaria dos santiagueros, que por certo mostran con moita evidencia o seu apego á Revolución.
Dos cultos evanxélicos, mais do mesmo. Hai servizos relixiosos con toda normalidade, igual que o caso do cristianismo ortodoxo. Como curiosidade amoso que pola Habana un pode ver pasear popes negros á saida dunha das igrexas ortodoxas da cidade.
En conclusión, a liberdade relixiosa é moito máis ampla do que eu imaxinaba. A liberdade e expresión xeral é ampla. Os cubanos din o que lles peta, e coa boca ben grande (para ben e para mal). Nese aspecto deberiamos todos aprender da Revolución Cubana, no moito que difire do acontecido na URSS no que se refire a liberdade de expresión. Non hai policías cacheando á xente discrecionalmente, nin axentes de paisano tomando nota da xente á saída das igrexas, nin ouvintes indiscretos á espera do que poda dicir de Fidel un viciño, nin nada que se lle pareza.
Da masonería, un punto aparte. É ben sabido que o propio Martí, entre outros próceres da indepedencia cubana, foi masón. A Loxia Masónica d’a Habana é especialmente importante. E ao longo e ancho da Illa un pode ver loxias en case todas as cidades por pequenas que sexan.
A masonería para moitos cubanos é entendida como un espazo de debate filosófico que se sitúa nun plano aparte do gubernativo. É por iso, por ese respecto mutuo entre goberno e masonería, que esta última desfruta dun status de amplo recoñecemento sobre todo polo seu pasado independentista e polos presupostos filosóficos que circulan darredor da liberdade do ser humano, e que sitúan en vangarda a moitos dos masóns.
Dentro da miña experiencia persoal, neste utlimo mes observei a tres masóns cubanos. Un primeiro díxome directamente que era masón, cousa que me sorprendeu e argumentóume que el decidira dicilo libremente sen que iso teña que ver ou influir sobre a confidencialidade das súas reunións. Un segundo masón falou tamén nun autobús Habana-Santiago, porque foi recoñecido por un dos viaxeiros que alí iamos xa que levaba un anel cun compás inscrito. O masón en cuestióin mostrouse afable e falou con profundidade dos principios ideolóxicos da masonería así como da liña histórica que seguiu en Cuba, cousa clarificadora e de agradecer. Un terceiro masón hospedounos nunha cidade que non direi (porque el non me dixo en ningun momento que era masón). O caso é que este último masón ostentaba na entrada da súa casa o símbolo da Loxia Masónica de Cuba, así como na súa tarxeta de presentanción. Así que distinguilo non foi difícil.
Para os que sosteñen que non existe liberdade de culto, de opinión, etc. Velaí vai un pensamento que proe dentro do sistema de desvirtuación das realidades alternas.
Amauta Castro
Girona,13/01/09
2 Comments:
Pois agora xa sei mais da realidade cubana.
A igrexa e ben orixinal.
Trátase da Catedral Ortodoxa Rusa d'A Habana.
É bo perder preconceitos. Grazas polo comentario, e sigo a dicir que o meu mail permanece aberto a máis valoracións.
Deica!
Post a Comment
<< Home