HEM GUANYAT
Como gironí nada máis que aledarme e enviar os meus parabéns a todos os rapaces e rapazas que estiveron a sofrir durante case un ano as presións xudiciais. Parabéns aos que foran encausados (entre eles algún coñecido meu) e tamén a todos os que vivimos por estes lares tan castigados polo fanatismo do aparello xurídico.
A absolución colleunos por sorpresa. Felicito ao equipo de avogados que apoiou a causa, e a todos os que fomos mostrando a nosa solidariedade alí onde foi preciso e na medida das nosas posibilidades. Foi un pequeno grande trunfo.
Un bo agasallo por Sant Narcís...
Eu tamén son antimonárquico!
Amauta Castro
Na trunfal Cidade de Girona, 29/10/08
5 Comments:
Parabéns!!!
Pero isto demostra unha vez máis que a xustiza cae cara o lado que lle indican.
Se tivesen as mesmas ganas que sempre o fiscal pediría unha pena máis dura e non a cabiaría a última hora. A Xustiza en españa non é unha romana con toga e os ollos vendados, a xustiza en españa é un creque que viste de negro.
Mais desta volta quedaron un pouco mal. Desde logo xa veremos que sucede co resto de encausados.
Para ti un saudo, xusto e necesario, irmán!
En verdade que foi un agasallo inagardado. Agora tocaría levar adiante a loita pola despenalización desa aberración que son as 'inxurias á coroa', sobretodo cando esta se dedica a enriquecerse e a ceibar a língua a pacer, que ata os Pepeiros andan recriminando estes días á raíña...
Hahaha...É certo, andan a mexar por fóra todo o tempo.
A vitoria foi puntual. Agardemos que coa queda irremediábel do sistema que está a esmorecer nestes tempos, caian tamén as monarquías (alí onde estean), e camiñemos cara o modelo democrático que moitos precisamos.
Saude e República (galega a poder ser).
Hahaha...É certo, andan a mexar por fóra todo o tempo.
A vitoria foi puntual. Agardemos que coa queda irremediábel do sistema que está a esmorecer nestes tempos, caian tamén as monarquías (alí onde estean), e camiñemos cara o modelo democrático que moitos precisamos.
Saude e República (galega a poder ser).
Post a Comment
<< Home