O MEU COMUNICADO OFICIAL (PARTE 1)
Antes de comezar e mesmo de practicar desde o imperio da razón a crítica, quero falar da miña total adhesión ao sistema social e de poder colectivo que se está a soster desde hai xa case 50 anos no país. O feito de eu ser un firme defensor dos dereitos colectivos do pobo cubano penso que lle dá inda máis entidade ás miñas reflexións producto neste caso non do discurso prefabricado por Occidente senón froito dunha reflexión sincera e construtiva. Moitos dos que me coñecen desde hai tempo saben ben de todo o percorrido para hoxe poder falar dunha forma persoal, fundamentada e real do que está a suceder na República de Cuba.
O presente comunicado oficial constará de varias partes, esta é a primeira "Hai miseria en Cuba?", velaí vai...
Hai miseria en Cuba?
A resposta é non. A situación xeral é dunha igualdade moi estandarizada, que comeza polo acceso aos produtos básicos en igualdade de condicións para todos os cubanos e residentes. O acceso a bens de consumo tralas últimas reformas de Raúl é xeral. A telefonía móbil ten unha cobertura total na Illa e o uso do móbil está á orde do día. O mesmo podería dicir do MP3, da roupa deportiva marca, das bebidas de importación, etc. Quen pense que non se pode beber Coca-Cola en Cuba está moi trabucado. A realidade é que se paga como bebida de importación algo máis cara que o refresco nacional, a Tukola. Quen pense que non se pode mercar un chandal Adidas tamén comete un erro. O feito é que os grandes clubes deportivos de béisbol (ou Pelota como din eles) utilizan roupa de marca (Adidas, Fila, etc) do mesmo xeito que se fai coa indumentaria das diferentes selección nacionais cubanas. O uso do MP3 está moi popularizado tamén, tendo en conta o especial apego do pobo cubano coa música.
O restaurantes de moeda nacional e outros de iniciativa mixta son de libre aceso para cubanos e o uso do lecer tamén está moi á orde do día, malia o que se nos quera presentar desde certos sectores de poboación cubana no exterior e de certos medios de comunicación. As praias, TODAS, son de libre acceso a turistas e cubanos. Os hoteis tamén.
O mito das colas cubanas é en parte realidade e ficción. Tal e como podería dicir que en Santiago de Cuba todo está especialmente masificado, a realidade é que noutros puntos do país o acceso aos bens colectivos non sufre de aglomeración algunha. Nembargantes o concepto “cola” está moitas veces influenciado pola mentalidade caribeña dos cubanos. Un pode atopar nun mesmo sitio colas diferenciadas para embarazadas, ou colas por producto a comprar, ou xente que lle está a gardar o sitio a persoas que non dan aparecido. Fóra do grazoso do asunto, non creo que iso pase da anécdota, e recalco que a situación nese aspecto é de todo normal noutras cidades e vilas medianas.
A roupa de uso habitual da poboación é boa ou moi boa (comparábel á que usamos nos países do mundo desenvolvido). Os cubanos din de si mesmos que son moi presumidos e que se por eles fora vestirían todos os días como se forna días de festa. A realidade é que a vestimenta é de todo normal aos ollos dun primeiromundista coma min. O caso é que por alí a xente viste con dignidade, e mesmo sen austeridades. Un punto a ter en conta na calidade xeral da vida en Cuba. Polo que respecta á xente non fai falla ser un sociólogo para se decatar que o estado de benestar é bo en case todo o país, obviando certos barrios da Habana e Santiago moi golpeados polo déficit de vivenda. A diferencia dun cubano medio cun africano medio podería radicar en cousas pequenas. Saúde dental, vacinas obrigatorias, centros de epidemioloxía, fármacos a prezos irrisorios (e de fabricación propia), planificación familiar, universidades gratuitas, colexios en bo estado, acceso a medios informáticos popularizado, materiais ortopédicos de primeiro nivel (mellores que os que se poden mirar no Estado Español), acceso a médicos especialistas sen listas de espera, pleno dereito á cultura (sen restriccións nin proibicións, feito do que falarei máis adiante), e un longo ETC. E velaí a diferencia, podería falar longo tempo de todo isto e con detalle, e repito que non é necesario ser un sociólogo para se decatar. Só hai que querer ver máis alá do que nos deixen os nosos preconceitos.

Amauta Castro
Girona, 06/01/09
3 Comments:
Os que estivemos en Cuba vivindo a súa relaidade, mesturandonos coas xentes de aló e traballando pola revolución temos a imaxe real do país, sen as interferencias dos media e o asoballamento intelectual da poboación (galega ou catalá) en xeral. Todas as iniciativas dende a rede en defensa da revolución (e máis nas circunstancias actuais) son dunha importancia vital. Agora, máis que nunca DEFENDAMOS A REVOLUCIÓN CUBANA. Saúde e liberdade
Contrainformación!
Boa falla que fai, no contexto en que vivimos, de pensamentos únicos e unidireccionais.
O tema de Cuba da para moito, e seguro que nolo irás debullando nas próximas entradas. Tema complexo, de certo, onde cabe moito parolar, con cousas de concordacia e de discrepancia, anque cunhas bases comúns máis que meirandes fronte ás ponzoñas do imperialismo e a hidra intoxicadora dos medios.
Un saúdo!
Pois nada, haberá máis partes deste longo comunicado. Espero non aburrir.
No que se refire a Cuba son moi heterodoxo dentro da miña filiación pro-revolucionaria.
O meu mail está aberto a debates máis fondos e as suxestións que vos presten.
Saúdos e agradecido pola atención e respeito que lle prestades ao tema.
Post a Comment
<< Home