"A conciencia dos traballadores, instruída pola experiencia das loitas, semella atoparse en condicións de facer fronte á globalización, que pola súa banda, afondou nas diferenzas e agravou as formas de explotación"
George Labica (Intervención n'A Habana para o 145 aniversario do nacemento de Marx)
De volta en Vigo, no ano 2004 presenciei no Clube Faro de Vigo unha colosal conferencia dun xa coñecido para min George Labica. Entrei case pedindo desculpas pois o acto semellaba a poucos segundos de comezar. Na parte traseira do salón da reitoría viguesa estabamos os descoñecidos do acto. Ese feixe de persoas que desexabamos sen máis ambición que George Labica deixara se cadra un aceno de erudición nas nosas humildes e traballadoras mentes. Doutro lado na parte dianteira "as autoridades" non menos necesarias do Consello de redacción da Trabe de Ouro.
O caso é que nin eu mesmo agardaba que aquel francés de perfecto español pedira desculpas por non usar o idioma galego, e moito menos que na metade da súa intervención dixera un nidio "Viva Cuba socialista!" cousa que acendeu á metade do aforo entre eles este humilde cronista que non lle chega nin aos pés ás xente alí presente. A outra metade acostumada á liña mediocre do Clube Faro de Vigo supoño que se alporizou por un intre e pouco despois abandonou a conferencia non sen antes coller o abrigo Burberry's con xeito airado.
Alén disto, que pertence xa á memoria persoal, se por algo ou grazas a alguén coñecemos a figura de George Labica nesta Gallaecia de fin e comezo de milenio é grazas aos diferentes axentes marxianos que ao servizo das xentes que amamos a cultura e a loita. Falando explicitamente de:
*Laiovento que na súa aposta por dotarnos dunha ferramenta ao servizo do ensaio filosófico-político-cultural-etc deunos uns cantos textos para consumo colectivo
*Francisco Sampedro, que traduciu por igual os textos de Labica e outros para Laiovento e a Trabe de Ouro.
*Aula Castelao de Filosofía, que trouxo por estes lares a George Labica para goce dos que agardamos a necesaria redenzón dos asoballados
Moitas grazas a eles.
A George Labica dicirlle que visite a casa do Che se é que anda por algures, e que agarde polos que inda batallamos. Pois tarde ou cedo, todos habitaremos un ceo onde se cadra as estrelas nunca deixaron de ser necesarias. Deica sempre...
fkdfksdk
Amauta Castro
Girona, 22/02/09
2 Comments:
Marx e Lenine , estean onde estean, o acolleran co mesmo orgullo e dignidade que mostrou na súa vida de loitador anti-capitalista e anti-colonialista. Non sabía nada até hoxe, e a verdade e que sinto verdadeira mágoa pola perda.
Saúde e avante
Grazas Antón. Recomendo vivamente os teus versos mesturados coa menciña socialista do Labica.
Que así sexa!
Post a Comment
<< Home