Palabras de Amauta

Tuesday, February 10, 2009

VÓS



Vós
que predicades o descoñecemento insurrecto
na caveira dos nomes mortos Escoitade
a Senra o Toural a Porta Faxeira
os berros prolongados que non se esmagan nin se
limpan con lixivia
Escoitade
a heteroxénea ondaxe disposta en forma de aldea
de muíño estreliforme de áncora labrega de estaleiro
de Novoneyra tamén
de sinxela amizade polos pobos deste planeta de encirrada
cólera contra a inmensa Castela
De amor de praza
forte de Obradoiro en maré negra Escoitade
a Celso Emilio decididamente noso
e as cadeas coas que nos prendedes nestora
Os Pinos Escoitade que soan decote co peso estrondoso das mámoas do presente
Escoitade un mundo no que renascen os escravos
Escoitade
a historia tradeada pola pegada da tribo
coa palabra do tempo inda máis viva
kndkkfdksk
sdfksdflkñdlk
Amauta Castro
10/02/09

8 Comments:

At 11:31 AM, Blogger Antón Mixiriqueiro said...

Outra vez parabens polo acertado poema amigo Amauta. Estou cheo de odio polas inxustizas e os aldraxes que tivemos que aturar os galegos nestes días de mágoa. Son todo carraxe herdada dos antergos e tamén forza nova agromando nos beizos dos meus fillos. Si, que o saiban os malditos feixistas, nunca, xamais esmagaran a nosa lingua. Non o permitiremos. Saúdos.

 
At 2:11 PM, Blogger amauta said...

Ti que ben citas a Celso Emilio no teu blogue saberás ben como remata Longa Noite de Pedra:

(...)
Os aldraxes viñeron coma corvos
e pasaron de longo,
pois os nosos corazós estaban cheos

 
At 8:25 AM, Anonymous Anonymous said...

Se non teñen problema en renunciar á súa cultura e queren obrigarnos ao resto a facer o mesmo... creo que xa é hora de que paguen os seus crimes de guerra.

Son os mesmos que prederon e mataron os nosos irmáns e que renunciamos a xulgar. Pero se ainda por riba de que os esquecemos queren seguir no noso esterminio, haberá que pedir con forza e ben alto que os xulguen a todos.

Non son xente nova, non naceron da nada. Só medran agora porque os seus crimes aínda están impunes.

 
At 10:51 AM, Blogger amauta said...

Son o que son e veñen de onde veñen (Valladolid e Ermua entre outros sitios). O autocarro sáelles gratis e agardo que alomenos as humillacións levadas a término co apoio dos Corpos e Forzas de Seguridade do Estado non lles saian gratis.
É unha cousa que aprendín en terra catalá. Aquí nada é gratis.
Vamos facer unha inmersión (lingüística) con eles. Que afoguen no seu propio estrume.

 
At 12:21 PM, Anonymous Anonymous said...

Parabéns poeta, moito gostei de ler hoxe este cachinho do teu blog. Non sei até onde chegará isto,pero que chegasen xa até aquí, con plataformas e manifestacións no corazón do País son indicios de que hai que prepararse para tempos, se cadra mais duros.Vénseme á cabeza á situación en Euskadi tódolos días no punto de mira e mete medo.
Tenho pendente umha resposta a un mail teu.Sigo vivo.
Brais

 
At 10:01 AM, Blogger amauta said...

Grazas Brais!

Hai pendentes moitas cousas.A ver se un día falamos inda que sexa una anaco.
Por aquí todo ben, con certas expectativas inda sen rematar pero que agardo vaian concluindo favorabelmente.

Saúde e República!

 
At 3:16 PM, Blogger paideleo said...

Saiuche un poema redondo.

 
At 7:32 AM, Blogger amauta said...

Agradecido, meu!

 

Post a Comment

<< Home

Estadisticas y contadores web gratis
Estadisticas Gratis
Estadisticas Gratis