FECHADO POR UNS DÍAS
A cada
novo
clima
que atopo
descubro
que
unha vez
xa lle estiven
habituado
E me separo sempre
estranxeiro
Nacendo
retornado de épocas demasiado
vividas
Gozar un so
minuto de vida
inicial
Busco un
país inocente
"Vagabundo" de Giuseppe Ungaretti (escritor italiano)
Fecho con preocupacións cubanas, esta bitácora por uns días. Deixa cair o nada sospeitoso Carlo Fabretti (artista italiano afincado en Cuba), que o suposto relevo e renuncia posterior de Carlos Lage e Felipe Pérez Roque do Consello de Estado da República de Cuba está desgraciadamente enchoupado dunha especie de personalismo nefasto que algúns agardabamos inexistente na alta política cubana.
O tamén non sospeitoso periódico mexicano La Jornada comenta días atrás que esta polémica leva xa desde decembro instaurada no buró político do Partido Comunista de Cuba. E que moitos deses cambios foron saíndo veladamente tanto da Chancelería de Exteriores como dos discursos de Raúl (especialemnte crípticos durante as celebracións do 50 aniversario da Revolución). E é que non somos poucos os que moi lonxe de cairmos en dinámicas propias do oportunismo queremos dicir con voz clara que o "relevo" dos cárregos de Lage e Roque ten recendos doutros tempos non tan lonxanos.
Da situación actual queda que a idade media do Consello de Estado está en 73 anos. Con está decisión Raúl DEIXA SEN REPRESENTACIÓN POLÍTICA A DÚAS XERACIÓNS DE CUBANOS. Un país non pode ser gobernado durante dúas décadas por dúas persoas (Raúl e Fidel) que superan ou superaron os 70 anos de idade. Sobre todo un país coa demografía e o crecemento de Cuba. Vale que Fidel gañou a pulso a súa estadía no cárrego e ninguén cuestiona iso, do mesmo xeito que a elección de Raúl para unha sucesión curta no Goberno resultou até o de agora proveitosa.
Pero quero repetir que a experiencia persoal de Lage (levando a batuta económica que posibilitou ver a luz despois do Periodo Especial) e de Roque (con 15 anos de experiencia como Chanceler de Exteriores), rachaba alomenos coa media do perfil da alta burocracia cubana. Novas figuras políticas formadas no seo da Revolución de dos órgaos e organizacións existentes nela. Lage un médico con vocación internacionalista e que serviu en Etiopia, e Roque un estudante de enxeñería que foi asesor persoal de Fidel e que afianzou as relacións co Caribe e cos países iberoamericanos con grande logros (resolucións da ONU a prol de Cuba, as relacións bilaterais con China e Venezuela, etc).
Lage e Roque eran/son moi necesarios. Necesarios para un país pequeno e democrático que fixo a Revolución máis fermosa da historia de Humanidade. Representativos dunha vitoria social, a da formación sen distinción de clases. Representativos de dúas xeracións que proclaman con valentía novidosas formas de rebeldía e que agardan o seu momento histórico dentro da Revolución, repito dentro da Revolución.
Este proxecto de viaxeiro que aquí fala deixa as súas reflexións para as noites da Toscana coa compaña de Ada. Para alí vamos, con ilusión por ver os retrincos da Cidade da Arte por excelencia, Florencia. Con sorte teimaremos en chegar a outros confíns desa terra de bos viños e óleos gorentosos. Non prometemos nada pero fechamos este porto ata nova data. Agardamos ter novas na vindeira semana. Cuarta viaxe a Italia.
Amauta Castro
Girona, 08/03/09
5 Comments:
Boa viaxe.
Obrigadisimo, sigo con atención os seus problemas cos electrodomésticos.
Saúdos!
Disfrutai essa viagem que mentres não estejam por aqui não vão ler noticias como a do ultimo informe da RAG.Em 10 anos perderon-se o 50% dos monofalantes em galego, eu ja começo o processo de reintergação por se quelquera madrugada temos que sair violentamente caminho a Portugal ou Burela.
Saude!
Brais
Si, há que estar preparado. Assim que você reintegrou-se. Ta bom!
SI, é probável que tenhamos que sair pela porta trasseira, e sempre é melhor liscar cara ao sul.
Saudações!
Si, há que estar preparado. Assim que você reintegrou-se. Ta bom!
SI, é probável que tenhamos que sair pela porta trasseira, e sempre é melhor liscar cara ao sul.
Saudações!
Post a Comment
<< Home