Palabras de Amauta

Saturday, April 18, 2009

UNHA RECOMENDACIÓN (PRESENTACIÓN DO LIBRO DE RAIDA RODRIGUEZ)


Saúdos!
A boa nova vén sendo a publicación do libro de Raida Rodriguez "Máquina de Guerra". As expectativas que teño depositadas nel están por todo o alto e penso que marcará un antes e un despois da creación en lingua galega no territorio do Principat de Catalunya . Non foron poucos o que por eiquí (por estas terras onde impera a razón e o amor á lingua propia) deixaron a súa escrita feita lonxe das fronteiras administrativas e reais (uns quilómetros máis ao leste) da grande Gallaecia.
O caso é que o libro de Raida e Estaleiro Editora dan boa proba de que se pode facer cultura para todos, porque é de todos (como ben dixo Pablo Neruda). Baixo licenza Creative Commons moitos poderemos desfrutar desta aposta arriscada pola boa poesía e pola literatura contundente en experimentación e contido. Non agardo menos.
Polo que a min respecta, ben o sabe a autora, non poderei estar na cita por motivos de peso. Desgrazadamente estarei retido en terras españolas en tan importante día (e semana) pero obrigas importantes requiren que Ada e mais eu esteamos desprazados por uns días.
Sen máis convido e recomendo a todo o mundo (xentes daquí e dacolá) a que asistades a este fermoso acto, e que vos fagades co libro de Raida Rodriguez, e porén cunha das poéticas máis elaboradas que puiden ler nos últimos tempos.
sdhjshdfaslkjdflkaslkdfjksadjfl
dfsslakdfkdlflkdsklf
Presentació d'Estaleiro Editora i de “Máquina de Guerra” de Raida Rodríguez Mosquera
Divendres 24 de abril. a les 19:30h
Espai Social Magdalenes
C/Magdalenes, 13-15
L1,L4-Urquinaona
+ informació: espazogalego@gmail.com
sdlsdkfmkñlfd
sakfjkdsjkf
Amauta Castro
Girona, 18/04/09

2 Comments:

At 10:30 AM, Anonymous raida said...

obrigada Amauta!
mágoa que non poidas asistir...
espero que poidamos quedar axiña para poderche dar un exemplar asinado :)
unha aperta!

 
At 11:45 AM, Blogger amauta said...

Pois sería para min todo un privilexio. Espero que o acto sexa un éxito como ben sei que será o libro.

Saúdos!

 

Post a Comment

<< Home

Estadisticas y contadores web gratis
Estadisticas Gratis
Estadisticas Gratis