Palabras de Amauta

Monday, April 27, 2009

CEMITERIO JUÁREZ



Elas indixenicamente mortas sen idade
Centenares de autopsias indeterminadamente dispostas a certificar traxedias
e berros innegábeis
Agora esqueletes relambidos polos zopilotes agora consumidos por anxos zugadores
do espírito celestial que inda antes os habitaba e que sabe a mezcal e a ringleira
de formigas famentas e a paxaros negros e a coiotes covardes a devorar o delicto
e os riles o fígado o sorriso os soños e varios litros de sangue que viaxan embora cara ao norte

Inocencia celebérrima a vosa
despoxada desposada coa carótida pingante de miserias que xa non que xa non que xa non que morredes todas vós eliminadas da historia Adxectivadas no impune Crebadas no chan Asulagadas na derrota Capturadas polo demo Inesquecíbeis para describir
o espanto (previo baleirado abdominal)
Seleccionadas entre milleiros para se lles presentar a deus ou ao patíbulo
pois fostes a propagación inútil do sospiro mortuorio de cada sanguiza fin
visitas colectivas para cada dous de novembro

Amauta Castro
Girona, 27/04/09

2 Comments:

At 4:07 AM, Blogger Antón said...

Moi bo Amauta, evitemos o esquencemento para non lle dar folgos ao Patriarcado criminal que - aínda hoxe - abrangue a nosa sociedade . As mulleres nos son obxectos nas maos duns fillos de Puta e dun sistema asasino !!!

Saúde e bo 1 º de Maio...

 
At 9:11 AM, Blogger amauta said...

Certo, compañeiro!Que permanezan no noso imaxinario colectivo todas as féminas de Ciudad Juárez que co seu laio sinalan aos culpábeis.

Viva o 1º de maio...

Deica!

 

Post a Comment

<< Home

Estadisticas y contadores web gratis
Estadisticas Gratis
Estadisticas Gratis