EU APOIO
A democracia só semella ser feita para un país pequeno
Voltaire
Nestes días ando eu algo aguniado polo retroceso eleitoral das diferentes opcións comunistas que acontecen no proceder diario da India e pola represiva fin da resisitencia Tamil en Sri Lanka. Este mundo rico que gorece coas súas ideas Aung San Suu Kyi, líder feminina da oposición en Myanmar, teima en derrotar polo asoballamento xurídico as posicións alternas que tentan subvertir a lingua feroce do bestiario maioritario co artefacto heroico da diginidade.
E é que neste mundo de sensibilidades contrapostas non hai liñas rectas, nin camiños directos (como diría un líder político deste século que non pretendo nomear). Pois ben, neste preciso mundo no que por tempo e situación xeográfica dei en vivir, acontece que o discurso da esquerda é un produto a desmembrar e encadear.
Un dos Vellos que Saben, persoa á que coñezo por vocación poética, teatral e política, depositou diante do circo legal das Hespañas un proxecto común de colectivización da razón e deu coma sempre contra as trabes que sosteñen a vergoña.
Penso eu iso si, que desta volta, os pailáns do provincianismo naïf do verbo incontido e contaminación política deron en atacar un proxecto que lles sobrepasa o discurso pseudo-democrático por virtude e complexidade. E é que non aprenden. Non lles chegou cos Papeis de Salamanca, nin con Euskaldunon Egunkaria, nin con Ardi Beltza, nin coas incineradas fotos de el-Rei en Ciutat. Eles aspiran a moito máis, aspiran á ditadura da infamia e do mandato (h)único do primitivismo filo-imperialista.
Porén, por vez primeira na historia desta bitácora, fago referencia explícita a unha organización política concreta, e digo:
A eles a aos que integran a súa candidatura, a forza de Voltaire e o retroceso das armas de repetición coas que dicimos que xa temos dabondo.
Unha aperta a todos os que con certeza poderemos ter os nosos votos ilegalizados.
Amauta Castro
Girona, 18/05/09
2 Comments:
Agora que xa se pode votar terei que facer campaña entre os compañeiros do traballo (aos que convencín cos argumentos da razón de que á praia era a opción máis intelixente) e movilizar a cantos máis mellor. E si, eu voto Iniciativa e non precisamente a eco-burguesa...
Saúde
Pois haberá que votar, e con gañas desta volta. Alfonso Sastre merece o apoio de todos os que cremos noutros mundos posíbeis e noutras realidades económicas.
Un saúdo!
Post a Comment
<< Home