Palabras de Amauta

Saturday, January 27, 2007

BOBBY SANDS / DE JUANA CHAOS

Acó dos enxertos abrollan ofidios réptiles
e mascatos conturbados de ceo e wolfram
se busco buscou no postigo xenealoxías de orelas ceibes
non túmulos de heroes nas armas
ideadas por Creidne tamén as esporas
para a alimaria arxenteas irisadas acesas
e duais as sentencias cobixarán indultados e condearán as pugas escritas
da letra vella
incólume
consciente

Long Kesh Bloco H
tamén de Juana Chaos encancelado
e unha antepoética do horror
na que coinciden con valor os ilotas e as magnolias máis rotundas
digo eu
...
acairá o soldado co xaxún do corpo?

Amauta Castro
Girona, 27/01/07

AO CARÓN DO POBO

Nunca estarei entre estranhos e no exílio desde que esteja junto ao povo, falando para ele.
Jorge Amado, O Cavaleiro da Esperança

Aquiles é un mozo mapuche ao que coñecín esta semana. El é froito de varias migracións sucesivas. Das terras do Biobío, onde asulagadas as eiras o pobo subiu aos outeiros da Araucanía. Ao arrabaldo de Providencia, Santiago, Santiago de Chile, área metropolitana que contén os rezos afogados polo esquezo e o roubo da terra propia. E por último, ao destrozo da civilización occidental chamada Imperio, dígase Europa, Estados Unidos, ou mesmo Arxentina. Nun proceso de fuxida que os comunica con outros pobos.

Aquiles cóntame o que pasou coas xentes de Caupolicán. Os españois esquilmaron a raza, mais non acabaron con ela. O pinochetismo, negounos, dixeron deles que ficaran extinguidos. A socialdemocracia non os atende. As multinacionais queren as terras da encomenda, gañadas a Cornelio Saavedra.

Resposta: inspirados polo cabaleiro sen rostro que comanda as montañas do sureste mexicano, decidiron a revolta. As mulleres dirixen a Iliada, nembargantes Aquiles deixou a armadura en Chile.

Suceso: presidio, tolemia, emigración, lume, expropiación.

Heroe Aquiles, pobo Mapuche, herdeiros de Lautaro e Caupolicán; irmáns de noso, compatriotas das nacións que moran na outra beira do Lethes.

Amauta Castro
Girona, 22/01/07

ROCHA FORTE / ROCHA VELLA


O antigo Concello de Conxo, parroquia Santa María de Conxo resumo, conserva un espírito de seu que moito ten que ver coa fundación do sentimento nacionalitario galego, e co meu propio.


Neste espazo, onde o achouchío das lavandeiras rememora para alén de Compostela o pasado dos vates e das loitas irmandiñas, contense o encetar inocente dun país en proceso histórico de loita contra a súa propia vinganza. Falo eu da miña última estancia no lugar da Rocha Vella, emprazamento das ruínas ancestrais do Castelo da Rocha Forte.


Coñecido desde o século XIII, época do arcebispo Xoán Arias, situado no decorrer do Camiño Portugués, foi derrubado na IIª Guerra Irmandiña (1467). Nunca reconstruído, o varudo papel que constitue a Rocha Forte provocou que o símbolo fora enfeblecido para coutar a memoria das batallas acontecidas.


Destas pedras, solicito eu, retornen os eidos da Santa Irmandade e recompostos os adarves zoen coas cítolas doutrora nun hino sen inverno. Dixen.

Amauta Castro
Girona 22/01/07

Saturday, January 20, 2007

POR FÓRA DA ESPIRAL COTIÁ



Agás as Ítacas sempre faladas, fóra da espiral cotiá residen somentes os amigos. Sei que nos días perpetuos das distancias, eles gardan os meus retornos perto da cimeira dos minutos. Mais eu, ás veces, particularmente só ao carón das Illas e de Ada, arrombo na memoria as paisaxes dos días daquela e morro.

Se nalgún intre, á seestra me envolve o xiro das pedras debuxadas ou vermella a árbore inversa deixa caer as follas, dicídeme cedo que me engano.Tempo de noso que xa non volve, amigos.

Mais, grazas.

Amauta Castro
Girona, 14/01/07

Wednesday, January 10, 2007

HAI DOUS MESES QUE NON CHOVE

Á penumbra estelas lóbregas e azur nos beizos
ponlle ácato tamén ao fauno
e larvarias as antíopas nacerán en peixes ao desler do teixo

Agora refulxe o cheiro lento das aldeas
penso xa sen nostalxia

a choiva golpea coma sempre as xanelas

Amauta Castro
Girona 10/01/07

APOCALIPSE DO DIA DO AÑO (OU NA MORTE DO BEDUINO)

“(...) Nesta época na que as grandes potencias influen poderosamente sobre os paises pequenos e subdesenvolvidos, co desenvolvemento dos diferentes medios de propaganda, información e comunicación, co aumento do intercambio cultural e económico entre Estados, os ataques militares convertíronse nun fenómeno habitual en diferentes países e debemos responder á seguinte cuestión: Cal é a relación entre política internacional e os devanditos ataques militares?
(...)
Os ataques explícanse como unha obra do neocolonialismo americano, proxectados polos servizos de intelixencia e polos dólares americanos...”

de Shibli-L-A’Ysami en Unidade, Liberdade, Socialismo (Partido Baath Árabe e Socialista, 1977)

Estadisticas y contadores web gratis
Estadisticas Gratis
Estadisticas Gratis