Palabras de Amauta

Saturday, January 27, 2007

ROCHA FORTE / ROCHA VELLA


O antigo Concello de Conxo, parroquia Santa María de Conxo resumo, conserva un espírito de seu que moito ten que ver coa fundación do sentimento nacionalitario galego, e co meu propio.


Neste espazo, onde o achouchío das lavandeiras rememora para alén de Compostela o pasado dos vates e das loitas irmandiñas, contense o encetar inocente dun país en proceso histórico de loita contra a súa propia vinganza. Falo eu da miña última estancia no lugar da Rocha Vella, emprazamento das ruínas ancestrais do Castelo da Rocha Forte.


Coñecido desde o século XIII, época do arcebispo Xoán Arias, situado no decorrer do Camiño Portugués, foi derrubado na IIª Guerra Irmandiña (1467). Nunca reconstruído, o varudo papel que constitue a Rocha Forte provocou que o símbolo fora enfeblecido para coutar a memoria das batallas acontecidas.


Destas pedras, solicito eu, retornen os eidos da Santa Irmandade e recompostos os adarves zoen coas cítolas doutrora nun hino sen inverno. Dixen.

Amauta Castro
Girona 22/01/07

0 Comments:

Post a Comment

<< Home

Estadisticas y contadores web gratis
Estadisticas Gratis
Estadisticas Gratis