Palabras de Amauta

Sunday, December 03, 2006

POETA ATERECIDO



He envejecido dentro de tus ojos; eras la dulzura y el exterminioy yo amé tu cuerpo en sus frutos nocturnos.
Tu inocencia es como un cuchillo delante de mi rostro,
pero tú pesas en mi corazón y, como una miel oscura, yo te
siento en mis labios al ir hacia la muerte.

de Antonio Gamoneda, Libro del Frío (1992)

Malia non serme grato o Premio Cervantes, fago grande celebración do hogano galardoado, Antonio Gamoneda. Para os que por idade descubrimos a Gamoneda no poema inicial de Estirpe, grazas á figura dun Heriberto Bens en plenitude poética, Gamoneda é un suxeito lonxe de calquer categoría colectiva.

Leonés, antifascista, e poeta abondoso, eu téñolle por home prezado na escrita e de pouco artificio lonxe dela.

Gardo os seus versos nun cartafol de sublevación e frío, sen invitación ao consenso, único e puro: Antonio Gamoneda.

Amauta Castro
Girona 30/11/06

0 Comments:

Post a Comment

<< Home

Estadisticas y contadores web gratis
Estadisticas Gratis
Estadisticas Gratis