Porque a poesía ten moito de conciencia e voz dicían
de razón xusta contra a unidimensionalidade
Eu
escribo defendendo a especificidade das miñas palabras (por idioma, convicción e resistencia) desde unha fórmula literaria que se comprime e que practico na distancia
Rexistro de memorias:
*carezo de orixe determinada
*elexín o dereito ao maximalismo desequilibrado
*rexeito a contemplación onanista do lirismo sen atribucións (ipse,a,um)
11/11/06
Defínome poeta
por vez primeira
2 Comments:
Boa estrela te guie POETA, sempre o fuches.
Boa estrela te guie POETA, sempre o fuches.
Post a Comment
<< Home