Palabras de Amauta

Friday, December 18, 2009

DE TOURADAS E OUTRAS COUSAS...



Após a celebración das consultas populares pola independencia e do definitivo retorno de Aminatu Haidar a Laayoune (El Aiún), semella que no Parlament de Catalunya (no autonómico) chega por fin o eterno debate sobre a festa españolista do maltrato animal por excelencia, quer dicir, as touradas.

Dise desde a sociedade civil catalá, que o das touradas amáis de ser un invento estranxeiro é un acto de solemne crueldade cara os animais. Debido quizabes a este empeño xeralizado por acabar coa absurda tolemia de cobrar entrada por ver como matan un touro, xa varias entidades locais promoveron hai non pouco tempo iniciativas para eliminación de calquera forma de maltrato animal (xa sexan touradas, circos, ou outras cousas) que teñan como finalidade o divertimento a cambio de sangue. Na miña Ciutat por exemplo foi retirada a Plaça de Braus, que levaba xa anos fechada e que representaba un espazo de exaltación anacrónica do españolismo naïf. E despois veu a de Lloret de Mar e que o concello de Banyoles se autopromovéra como "cidade libre de maltrato animal".

Quedaba pois, o reducto folclórico da Plaça Monumental de Barcelona que proporcionou até o de agora, a posibilidade de presenciar unha destas touradas aos milleiros de giris que visitan o territorio catalá ano tras ano.

Digan o que digan, e posicionándome (como non podía ser doutra forma) en contra das Touradas, concordo co pintor/artista Frederic Amat, en que os problemas que semella ter a caste polítia catalá cara a proibición definitiva non son máis que un feito manifesto de que "a eliminación das touradas implica non só un debate puntual senón toda unha reflexión sobre a condición humana".
Porén, e pretendendo que a condición humana progrese, TOURADAS NON, non no meu País, non cos meus impostos, non coa miña conciencia polo medio.

Queda?
Amauta Castro
Girona, 18/12/09

1 Comments:

At 11:18 AM, Anonymous Anonymous said...

Asi me gusta!!! fora as animaladas dos españois!!! que deixen os touros en paz. Chamanlle divertimento o sufrimento duns animais indefensos!!!Estou dacordo contigo:" TOURADAS NON"
BIQUIÑOOOSSS!!!

 

Post a Comment

<< Home

Estadisticas y contadores web gratis
Estadisticas Gratis
Estadisticas Gratis