Palabras de Amauta

Wednesday, August 19, 2009

OS MEUS HAIKUS


Froito da preparación persoal para afrontar a miña vindeira viaxe a terras de Oriente (será no mes de novembro), van estes haikus moi estacionais e moi tradicionais. Agardo que sexan do gusto de quen os lea e que coa beleza do sinxelo aparezan ante os sentidos co rigor elemental da estación estival.

Unha aperta.

VERÁN

Seixos no río
cabaliños do demo
De novo o vran

Rouba da leira
un careixón vermello
Calor de xuño

Tempo de verán
tece na arañeira
Serán á sombra

Navegar fondo
po que pendura no ar
O vento quedo

Baixo a faia
acorda da soneca
unha meniña

OUTONO

Arces vermellos
xardín do tempo vello
Tarde de chuva

Van os paxaros
No sul unha paisaxe
que acontece

Ecoan os sons
do río unha pedra
Medran os liques

Un pailebote
ouvea na néboa
Comeza a mañá

INVERNO

Mañá xiada
encolleitas no branco
Unhas crianzas

Cheira a fume
a cheminé refulxe
Madeira preta

PRIMAVERA

Lúa de fouce
na fronteira do día
Virán as flores

Fía na rede
as áncoras botadas
Un mariñeiro

Por Amauta Castro
Girona, 19/08/09

1 Comments:

At 1:28 PM, Anonymous Anonymous said...

fermoso e sinxelo, Oriente puro en galego.

 

Post a Comment

<< Home

Estadisticas y contadores web gratis
Estadisticas Gratis
Estadisticas Gratis