Palabras de Amauta

Sunday, July 19, 2009

SON PARVOS OS DEPORTISTAS?



Xa sei, xa sei que é un pouco provocador de máis o título deste post, pero a realidade é que relata algo do que veño reflexionando desde hai tempo.
A ninguén lle sorprenderá a utilización política do deporte (en xeral), pero moito máis en concreto do deporte no seo do Estado Español. Pois ben, non é que os deportistas sexan parvos nin moito menos senón que adoecen dos mesmos problemas políticos que o resto da poboación normal. É dicir, adoecen do bipartidismo maioritario dos case 20.000.000 de españolitos que votan polas dúas opcións políticas coñecidas por todos.
Lonxe diso sempre hai honrosas excepcións. Por exemplo no deporte basco, e moi en concreto nas súas disciplinas máis tradicionais pero tamén nas maioritarias. É ben coñecido de todos que non poucos futbolistas bascos participaron de opcións políticas abertzales dun modo bastante aberto, mesmo presentadose ás eleccións como foi o caso de Iribar ou Arconada. Negándose a particpar das diferentes seleccións deportivas españolas como Aranburu que desde novo se apartou dun modo explícito por motivos netamente abertzales.
En Catalunya (é dicir no territorio do Principat), a cousa ten tamén os seus claros e sombras. Non pensemos que todo o mundo ten a enteireza de aturar toda a presión mediática que reciben este tipo de deportistas de elite, e mandar á merda as distintas federacións deportivas ou a competicions da entidade duns Xogos Olímpicos ou uns Campionatos de Europa.
Se temos (ou tiñamos ) a Oleguer Presas, sempre colaborador e solidario coa lingua catalá e cos diferentes movimentos sociais filo-independentistas do país. Ou o caso da equipa de rugby de Perpinyà (Catalunya Nord) , os Cataláns Dragóns que se pasean por Europa enteira cantando o hino catalán e vestindo unha senyera como camiseta.
Ou a selección española de Hockey que acaba de proclamarse campiona do mundo está completamente integrada por xogadores e técnicos cataláns. Non usa nin o escudo, nin as cores de España na súa camiseta, e por certo non se lles deu bóla ningunha.
Temos tamén exemplos do contrario. Xavi e Puyol pasearon en moitas ocasións cunha estelada curante as diferentes celebracións dos títutlos do Barça, pero tamén non dubidaron e "desfrutar" dos trunfos da selección española de futbol onde niguén dubidou da súa digna españolidade. Caso tamén de Pau Gasol, que malia apoiar todo o movimento a prol das seleccións catalás non dubida en facer spots publicitarios para a cadea televisiva Cuatro, onde directamente vitorea a "España".
No noso caso, o caso galego. Só salientar ao eterno Nacho, gloria da galeguidade, que se manivo inalterábel cando a chamada desa mesma "España" se lle viña enriba. Pero fóra del, pouca cousa. Si, Fernando Vázquez fala galego...Pero e do resto?
O xogadores da Irmandiña non falan galego nin para a propia retrasmisión da TVG. Non cantan o hino, porque sinxelamente non o saben ou non lles peta. Oscar Pereiro anda ben perto de posicións filo-españolistas que xa se teñen retratado neste blogue. David Cal, tamén non fala galego e di mesmo sentirse presionado polo anterior goberna da Xunta.
Falar de seleccións nacionais no Estado Español é algo complexo pola propia realidade xurídico-política das diferentes federacións. Pero tamén o é, porque os propios deportistas NON QUEREN, moi ao noso pesar.
En todo caso, non perdamos a espranza, mais nada.
Amauta Castro
Girona, 19/07/09

2 Comments:

At 11:24 AM, Blogger Antón Mixiriqueiro said...

Completamente de acordo con todo o expresado amigo Amauta. Hai un caso que é de risa, non sei se o coñecedes. O xogador do Madrid, Michel Salgado, Galego de nacemento, colaborou cun CD musical ( Xenreira, Korosi Danzas, Pinto d´Herbon, Os Diplomáticos etc) a favor das seleccións de Futbol Galegas (" Bravú, seleccións Xa !!", por se vos interesa), no que facia coros cos rapaces de Xenreira. Isto sería polo ano 97 ou 98, cando aínda non era unha estrela mediatica. Foi marchar a Madrid e esquencer lingua, país, seleccións... as nosas miserias coma nación.


Unha aperta !!

 
At 12:58 PM, Blogger amauta said...

Pois non o coñecía, pero é ben pavero miralo agora feito un pimbo dos madriles.
Agardo que teñas un bo Día da Patria e agradezo tamén a túa visita (como de costume).

Terra a nosa!

 

Post a Comment

<< Home

Estadisticas y contadores web gratis
Estadisticas Gratis
Estadisticas Gratis