Palabras de Amauta

Friday, July 24, 2009

DÍA DA PATRIA 2009


Tan cheas de escaleiras e de ceos
tan cheas de partidas de chave en Espiñeiro Teis cos metalúrxicos
tan cheas de postouros para as chaves que abrirán o definitivo asalto
tan cheas de furanchos hortensias e inocentes
tan cheas de currunchos negra sombra amor horror e de recantos vexetais
tan cheas de Delicias de Caeiro e Morenos de Lavadores
tan cheas de fiadeiros alfolís moxenas charamuscas cantareiras queixumes xistras airiños ventos das cíes
tan cheas do pandereteiro Militón
tan cheas de guitarras e zanfonas de gaitas de pianos piardas pianolas da Collona
tan vivas e rebulideiras
tan repantrigadas delouradas ó sol á luz ó mar de liño azul en maio e sempre
tan campamento de inverno e días de labor

(...)

Fóra do Sagrado, Anxo Angueira (escritor galego)

Agardo, coma sempre, que os tempos de reunificación nacional, independencia e socialismo cheguen co tempo, mais sen demoras. Que a reagrupación dos diferentes colectivos nacionais que encherán as rúas de Compostela hoxe e mañá, acollan no seu seo a pluralidade e o respecto mútuo para podermos enxergar un futuro colectivo de unidade e entendemento, pola esquerda.

Non pido moito, non?

Amauta Castro
Girona, 24/07/09

amautacastro@hotmail.com

4 Comments:

At 11:04 AM, Blogger Antón Mixiriqueiro said...

Fermosas palabras. E hoxe máis ca nunca temos que lembrar o que escribía o pobo de Honduras nas paredes de toda Tegucigalpa:

" NOS TIENEN MIEDO PORQUE NOSOTROS NO TENEMOS MIEDO"

Saúde e patria !!!!!

 
At 11:17 AM, Blogger amauta said...

Bo Día da Patria e que a liberdade regrese alí onde o pobo desexe resistir.

Patria ou morte!

 
At 3:31 AM, Anonymous cãosemdono said...

Mellor sen desxuntivas, amigos: Patria e vida! (que por riba é conxunción "copulativa").

 
At 5:30 AM, Blogger amauta said...

que así sexa, Patria e Vida!

sexan sempre benvidas as súas visitas a este humilde blogue.
Deica!

 

Post a Comment

<< Home

Estadisticas y contadores web gratis
Estadisticas Gratis
Estadisticas Gratis