IMOS A XAPÓN !!!
Este foi o motivo principal do silenzo destes días (ou semanas). Unha viaxe agardada e da que coma sempre desexamos sexa proveitosa. Terra Xapón que centrou grande parte da miña atención durante este máis de ano e medio de estudos sobre a lingua e a cultura nippona. Interese compartido con outras moitas persoas que dun xeito ou doutro me foron manifestando ao longo deste tempo. Leituras de Kawabata, Dazai, Mishima, Murakami...
Se cadra chegará un tempo no que a sinxeleza do verso nippón sexa importado cara a Terra de Poente que é a Vella Gallaecia, e onde xa se manifestara a través de varios e benqueridos poetas. Namentras desfrutaremos do días outonizos da Nación da Orixe do Sol, e dos vermellos e ocres das paisaxes de Kyoto, Nara, kamakura.etc.etc.etc.etc.
Unha fonda aperta.Que alí onde eu estea veñan comigo as estrelas.
Amauta Castro
Girona, 28/10/09
2 Comments:
Que envexa !.
Boa viaxe !.
Eu tamén padezo dunha intensa admiración e filia cara o país do Sol Nacente, anque os meus gustos van máis cara o antigo e o clásico: os diarios poéticos do periodo Heian, as novelas (Genji, Heike), as antoloxías de poesía imperial, e algunhas sutras budistas...
Aliás, xa sabes que teño que pasarme por alá. Toda axuda no do billete sería moito de agradecer. Todo o que vexo ate agora son 'ofertas' que nunca baixan dos 1000 euros. Vivir na periferia galaica tamén dificulta o tema dos transbordos e os horarios.
Xa me contarás como che xurdiu ese vezo nipónico! Aquí mirei por sitios onde poida un aprender Chado e/ou Kendo, pero non hai maneira...
Post a Comment
<< Home