SER MÚLTIPLES (MODELO PARA ARMAR): RAMADÁN
Unha das formas que sempre tiven para aceitar a miña multiplicidade foi a predilección por calquera forma de cultura que se me presentara diante. Sei que por primeira vez neste tempo poño unha receita de cociña nesta bitácora. E non precisamente da cociña galega que tanto amo eu e que tanto amou o meu benquerido Cunqueiro.
Trátase da Harira. A harira é a sopa típica de Ramadán pero só en Marrocos. Noutros países do mundo musulmán o xaxún do mes de ramadán que agora principia faise con outros produtos máis relacionados xeográficamente coa zona da que se trata. En Exipto e Gaza soe facerse o xaxún con arroz, mentres que en Siria faise cunha sopa a base de regaliz e carnes. Como me gustou moito a vez que aprobei, acadei a receita través do meu compañeiro marroquino. Hai moitas formas de facela, pequenos cambios entre os ingredientes que lle poñen uns ou outros, pero a base vén sendo a mesma. Unha sopa a base de legumes e produtos da horta, completada cunha serie de especias e carne (xeralmente año ou vitela).
Velaí vai a receita:
Nunha ola póñense 2 cebolas reladas, 1 quilo de tomates maduros relados, follas de apio picadas (un chisco somentes), un vaso de garavanzos, un vaso de lentellas, sal, pementa negra,xenxibre en po, perexil picado, cilantro picado, media culleradiña de canela, a carne (recomendase que teña óso). Sofrítese. Todo isto cúbrese con auga e deixase ferver a lume medio durante 45 minutos ou unha hora (depende da carne).Por outra banda faise unha mestura en auga fría de fariña e agua. Iso vaise traballando orixinal mente a man pero podería ser unha culer ou cunha variña ou mesmo cunha batedora. Cando quede feita a mestura, bótase a modo de espesante sobre a sopa, mentres se vai remexendo todo ate quedar disolta. Cando a sopa volve ferver (a lume medio) engándense fideus finos (a gusto de cadaquén)e rectifícase o punto de tomate cun chisco de tomate fritido (se fora preciso). Finalmente estrélase un ou dous ovos sobre a harira e...Feito!
A harira soer ir acompañada de postres. Dátiles, noces, e algo de repostería. Recoméndase, para quen non a probara, a chebakia marroquina. Dóce por excelencia de ramadán e que é o compañeiro típico da harira.
Envío unha ligazón dun video de youtube no que se pode mirar como se prepara a harira. Pode haber lixeiros cambios, hai que non lle bota algún dos ingredientes e hai quen lle bota a maiores, cenoria, ou cúrcuma, ou tamén nabo, ou incluso quen lle bota un pouco de limón sobre o resultado final da harira.
Velaí vai a ligazón... E que desfrutedes da receita!
Amauta Castro
Girona, 27/08/09
2 Comments:
Excelente e deliciosa receita amigo amauta. Teño a sorte de traballar cun Arxelino, Fititi, co que coñecín non só esta receita senon tamén a deliciosa reposteria de todo o Magreb. Boa e xenerosa xente. Saúdos de novo tras a estadía na Patría !!!
Benvido das vacacións, xent6e boa e xenerosa a do norte de áfrica, abofé.
Eu xaxún non fago pero ben que me presta un bo feixe de bos pratos para gustar en compaña de amigos.
Deica!
Post a Comment
<< Home