Palabras de Amauta

Sunday, September 06, 2009

LEMBRANDO A HO



Un pobo e un exército valerosos
non coñecen nada imposíbel.
A raigame fai sólida unha árbore,
o pazo de toda vitoria
constrúese sobre o pobo enteiro

Ho Chi Minh en Poema de Propaganda

Entre os numerosos cabodanos existentes ao longo do ano (que son moitos), decateime que nunca fixera eu mención algunha do noso Tío Ho. Certo é que non son un experto na súa vida e obra. Sei como moitos galegos o que nos deu en herdanza a través da man traductora de Neira Vilas, e teño na casa o pertinente Caderno de Prisión ben situado para non perdelo. Do resto que sei ou coñezo foi a través dunha escolma da súa obra (en castelán) que circula pola Biblioteca Central de Vigo. E nada máis, ou acaso é preciso expoñer algo máis?
Aproveito o post para comentar que estou algo paralisado político-poeticamente así que agardo que ninguén se asuste se nestes días non dou para máis. Preparo, por certo, unha visita ao berce de Pasolini, marxista e teórico da imaxe e do pensamento. Agardo que chaves irresoltas de coñecemento agromen en min a través desta nova aventura polo norte de Italia. Se non for así, que alomenos preste a quilometraxe andada e que os días premien os sentidos con esencias para a memoria.
De todos os xeitos volverei pronto...


Amauta Castro
Girona, 06/09/09

2 Comments:

At 6:23 AM, Blogger FraVernero said...

Traducido ao galego, o tío Ho. Hai unha edición de poemas del que verqueu Neira Vilas (imaxino que intermediación do francés) creo que en edicións do Castro, anque non metería a man no lume...

 
At 6:08 AM, Blogger amauta said...

Si, desa mesma falo. Eu tamén supoño que a traduciu do francés (sen por iso menosprezala).
Un saúdo, e deica pronto!

 

Post a Comment

<< Home

Estadisticas y contadores web gratis
Estadisticas Gratis
Estadisticas Gratis