CRÓNICA IRREDENTA
Nós, que pretendemos ilustrar o mundo boicotando os perversos costumes antigos, creo que non nos sorprendemos pola serie de barbaries concatenadas que pretendo expoñer. En poucos días trala miña volta á normalidade cotiá. Fóra xa do meu nomadismo xenético, creo que foron chegando non poucas novas de todo magoantes.
A orde dos factores expostos non altera o produto, pero quero escomezar por volver a facer pública a miña solidariedade por unha persoa da que xa falei neste blogue. Trátase de Cesare Battisti, recentemente detido polas autoridades brasileiras a petición do Estado Italiano. O de Battisti é un deses coñecidos casos de persecución política levada máis alá do tempo. Battisti foi un dos activistas da esquerda italiana que tomou refuxio en Francia cando a doutrina do presidente Mitterrand permitía que membros da esquerda revolucionaria de Italia puideran vivir en territorio francés baixo o status de refuxiados. Os anos de chumbo nos que o corazón do Estado Italiano era atacado pasaron, pero varias e coñecidas figuras da resisitencia dese país son inda agora perseguidas. En ausencia de violencia política, pode entenderse tal orde de extradición?
Acontece tamén, que desde ben perto temos que lidar coa persistente e non aleatoria man do xuíz de turno na Audiencia Nacional, e ver como unha outra vez asistimos á detención fraudulenta dun gruo de mozos e mozas sen delicto algún pero iso si vencelladas presuntamente á loita do pobo basco. Pois si, doutra volta un par de ducias de raparigos de menos de 25 anos pendentes de seren xulgados polo imaxinario xurídico español de sempre. Porén, nada novo.
Dentro dos límites do Estado Español aparez o caso de Aminatu Haidar. Persoa á que desde aquí que lembrar con grande agarimo por seren eu un dos colaboradores (hai anos disto) do Comité polos Dereitos Civís do Sáhara Occidental "Aminatu Haidar", fundado na miña Ciutat e que deu en denunciar hai anos o anterior cativerio da Haidar. Hogano, a Haidar é retida en Lanzarote por problemas burocráticos ligados á retirada da súa documentación do Reino de Marrocos e á tépeda posición do Goberno de España, que malia non incumprir coa Convención de Xenebra, segue a ser o principal proveedor de armas de Marrocos sen mencionar a errante acción diplomática cara os dereitos do Sáhara Ocupado. Estou con ela, e coa dignidade dos represaliados políticos do Sáhara Occidental.
Namentres, en Honduras vai rematando o que xa moitos de nós prognosticabamos. Que un día axiña viría un estraño abrente para designar a fin. E daquela, as eleccións (utilizadas como lexitimadoras do Golpe), e o apoio encuberto da UE, explícito dos USA e dos gobernos títeres de Costa Rica, Panamá, Perú, e Colombia; conseguen o que xa semellaba evidente, cosumar a ilegalidade.
Doutra banda, África. Que en Guinea Ecuatorial non hai liberdades democráticas non é algo do que sexa moi preciso cavilar por estenso. O mundo agradécelle a Obiang Nguema a venta "low cost" das súas reservas petrolíferas e el segue no poder, sen grandes molestias e sen que case ninguén denuncie a inexistencia de observadores internacionais nas devanditas eleccións.Limpeza levada a termo polo exército e sen oposición política de consistencia. E que?
En Suíza, o país do ouro dos nazis, das farmacéuticas blindadas e das contas bancarias inmorais, resulta que o problema son os minaretes. E en Italia Berlusconi e a Lega, executan os seu plan anti-migrantes co nome de "White Christmas"...Déu n'hi do, que dirían por estes lares.
E segue, e segue, e segue. É por iso, que sexa como for deberiamos esixir o novo. O que vai substituir o absurdo por unha coerente sedición xeral de conciencias. Porque do coñecido, o mundo racional vai estando xa un pouco farto.
Amauta Castro
Girona 02/12/09
0 Comments:
Post a Comment
<< Home