Palabras de Amauta

Sunday, March 19, 2006

Pegadas de igualdade/Empremptes de igualtat III

NÚMERO III

LA FEMME AUX ORANGES
(Reflex. núm. II)

La cançó del metro, que es mulla el ventre
al Sena, a la vella Cité, traspua tots els vostres i diu:

-Avui só perfumat
per una grassa impresa.
Porto un braçalet blau,
un altre vermell
i les anques més nues.

Les sandàlies polides amb brillants.

I així la meva amada
ve assetjada a desdir:
per això és que baixa a Rennes
es deixa la cotilla a Saint-Michel
i s’ajeu al meu bany de purpurina.

Banyera del NORD-SUD!

Finava la cançó quan la femme aux oranges, di-
recció Château d’Eau, s’ha descobert la brusa i
ha ensenyat els mugrons
que eren com una llàntia de cremell

París, 12 de març de 1920


LA FEMME AUX ORANGES
(Reflex. núm. II)

A canción do metro, que se molla o ventre ao
Sena, na vella Cité, enchoupa tódolos teitos e di :

-Hoxe só perfumado
por unha grosa impresa.
Levo un brazal azul,
e outro vermello
e as nádegas máis núas.

As sandalias pulidas con brillantes.

E así a miña amada
vai asediada a desdicir:
é por iso que baixa a Rennes
se deixa o corsé en Saint-Michel
e se acosta cara o meu baño de purpurina

Baneira do NORTE-SUL!

remataba a canción cando a femme aux oranges, di-
rección Château d’Eau, se descubriu a blusa e
ensinou as mamilas
que eran coma unha lámpada de combustible.

París, 12 de marzo de 1920

Joan Salvat-Papasseit (poeta català)

Pegadas de igualdade/Empremptes de igualtat II

NÚMERO II

PASSIONAL AL METRO
(Reflex. núm. I)
A Joaquim Borralleras

Antímoüs donzell príap perdut
i una rosa als llavis que el guia en la nit

Mireu si brillen els seus ulls
que Penèlope es deixa de la roba
i s’esllangueix de rostre com una cera verge

Antínoüs és en la fosca i una rosa als llavis
que li vol fer vilesa
d’enamorar Penèlope
l’esquerpa
Antínoüs s’ha menjada
lentament

UNA ROSA

-justament en passant sota la serp del Sena direcció Saint-Lazare

París, I de març de 1920



PAIXONAL NO METRO
(Reflex. num. I)
A Joaquim Borralleras

Antímoüs doncel príapo perdido
e unha rosa nos beizos que o guía na noite

Mirade se brilan os seus ollos
que Penélope se deixa da roupa
e languidece no rostro como unha cera virxe

Antínoüs é na escura e unha rosa nos beizos
que lle quere facer maldade
de namorar Penélope
a arisca
Antínoüs comeuna
lentamente

UNHA ROSA

-xustamente pasando baixo a serpe do Sena dirección Saint-lazare

París, 1 de marzo de 1920

Joan Salvat-Papasseit (poeta català)

Ensinanzas sobre a emigración (I)

O pai de Migueliño

O pai de Migueliño chegaba das Américas e o rapaz non cabía de gozo no seu traxe festeiro. Migueliño sabía cos ollos pechados cómo era o seu pai; pero denantes de saír da casa botoulle unha ollada ó retrato.

Os “americanos” xa estaban desembarcando. Migueliño e a súa nai agardaban no peirán do porto. O corazón do rapaz batíalle na táboa do peito e os seus ollos esculcaban nas greas, en procura do pai ensoñado.

De súpeto avistouno de lonxe. Era o mesmo do retrato ou aínda mellor portado, e Migueliño sinteu por el un grande amor e canto máis se achegaba o “americano” máis cobiza sentía o rapaz por enchelo de bicos. ¡Ai!, o “americano” pasou de largo sen mirar para ninguén, e Migueliño deixou de querelo.

Agora si, agora si que o era. Migueliño avistou a outro home moi ben traxeado e o corazón dáballe que aquel era o seu pai. O rapaz devecíase por bicalo a fartar. ¡Tiña un porte de tanto señorío! Ai, o “americano” pasou de largo e nin tan siquera reparou que o seguían os ollos anguriados dun neno.

Migueliño escolleu así moitos pais que non o eran e a todos quixo totalmente.
E cando esculcaba con máis anguria, fíxose cargo de que un home estaba abrazando á súa nai. Era un home que non se parecía ó do retrato;un home moi flaco, metido nun traxe moi floxo; un home de cera, coas orellas fóra do cacho, cos ollos encoveirados, tusindo...

Aquel si que era o pai de Migueliño.

de Cousas (1926)
Alfonso Daniel Rodríguez Castelao

Sunday, March 05, 2006

Un poema

Paralelamente a coñecermos a pedra coma Asorei
os fardeis da escravitude compilaban as historias de diáspora
os cans ouveaban ao sol incandescente negros crepúsculos
traballosa a dignidade percuraba martelos
mans moitas tan numerosas
repetían Vietnam
Vietnam
cando alfabetizada a rosa trobou Martí
e Amauta solfexou as sinfonías nas que o trópico
ensina palabras a Occidente


Amauta Castro
Girona 31/01/06

Pegadas de igualdade/Empremptes de igualtat

Pegadas de igualdade (notas de irmandade Galiza-Països Catalans)
Empremptes de igualtat (notes de agermanament Galiza-Països Catalans)

NÚMERO I

O Capim regado com o sangue das crianças
o capim regado com o sangue dos que têm
“fome e sede de justiça”.
O capim regado pelo sangue dos-que-não-tiveram-culpa-nenhuma.
O capim escurecido pelo fogo das queimadas
o capim verde do pasto dos gados
reverdecerá amanhá mais forte
no cacimbo de muitas madrugadas.



El camp regat amb la sang dels enfants
el camp regat amb la sang dels que tenen
«gana i set de justícia».
el camp regat per la sang dels-que-no-varen-tenir-cap-culpa.
El camp enfosquit pel foc de les terres cremades
El camp verd del past dels bestiars
reverdirà demà més fort
en la pipa de moltes matinades

Ernesto Lara Filho (poeta de Angola)

Así falan as paredes de Porto Torres (Sardeña)

Estadisticas y contadores web gratis
Estadisticas Gratis
Estadisticas Gratis