Palabras de Amauta

Wednesday, January 26, 2011

I FIND NO PEACE AND ALL MY WAR IS DONE



Non atopo paz e toda a miña guerra está feita,
temo e teño espranza, quemo e conxelo coma o xeo.
Voo por riba do vento e inda non podo alzarme.
E nada teño e todo o mundo aproveito.
Algo que nin me libera nin me fecha, tenme engaiolado
e inda que me engaiola , non podo eu escapar de ningún xeito;
Nin me deixa vivir nin morrer ao meu antollo
e inda que da morte me dera ocasión.
Sen ollos vexo e sen lingua eu laio.
Desexo perecer e inda lle pido saúde.
Amo outra persoa e iso mesmo me fai odiarme.
Aliméntome na tristura e rio en todas as miñas dores.
Dese xeito desprácenme ambas as dúas morte e vida,
e o meu deleite é a causa desta contenda.


Thomas Wyatt, tradución por Amauta castro


Amauta Castro

Girona, 26/01/2011


Monday, January 24, 2011

JACK KEROUAC: TRES HAIKU




Paxaros cantando
na escuridade
-amencer chuvento


A baixa e amarela
lúa sobre a
queda casa alumeada


Regusto
a chuva
-Por que axeonllarse?


Tres Haiku de Jack Kerouac, traducidos por Amauta Castro, na foto un amencer tamén chuvento en Kamakura (viaxe a Xapón, 2009)


Amauta Castro
Girona, 24/01/11

Estadisticas y contadores web gratis
Estadisticas Gratis
Estadisticas Gratis